Susana de la Sierra, a directora do ICAA, estivo a semana pasada en Galicia para bosquexar o que será a liña de actuación do seu departamento para os vindeiros meses. Malia o recorte orzamentario, un 20% con respecto a 2012 que lle resta 10 millóns de euros ao Fondo de Protección á Cinematografía, anunciou que este ano se manterán todas as liñas de axuda. Pero anuncia cambios para o futuro. De la Sierra foi presentada por Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, que anunciou que posiblemente no Consello da Xunta do vindeiro xoves 24 se designará a persoa responsable de Agadic.
Susana de la Sierra arrincou a súa intervención sendo positiva. Á falta dos datos finais do despacho de billetes dos últimos meses, este ano foi espectacular para o cine español, e este éxito e o seu bo funcionamento pode influír en quen tomas as decisión económicas destacou. O éxito de Lo imposible, aínda que algún dos preto de sesenta produtores presentes no encontro, incidiu no feito de que o público non a percibía como unha película española, bosquexou cal será a súa liña de actuación a curto e medio prazo.
As liñas de axuda para 2013
O certo é que malia ese entusiasmo inicial, o departamento que dirixe contará en 2013 cun 20% menos que en 2012 (ano que xa sufrirá un recorte dun 36% con respecto ao exercicio anterior) que o deixa en 56 millóns de euros. Desa cifra, eliminados gastos correntes de funcionamento e doutras partidas, o fondo de apoio á cinematografía queda en 39 millóns de euros, dez menos que en 2012. Con todo, con estas cifras, de la Sierra asegura que se manterán as mesmas subvencións. E iso quere dicir, as liñas de axuda de amortización, que son as axudas para películas xa realizadas (hai dous anos), as de festivais, as de distribución, as de curtametraxes xa realizadas e longametraxes sobre proxecto. A esta previsión, só confía engadir unha máis as axudas a curtametraxes sobre proxecto que en 2012 se redactou a convocatoria, dotouse orzamentariamente e, cando estaba lista para ser convocada, recibimos unha orde económica que nos impediu facelo. Con respecto aos prazos, asegurou que a súa intención é que saían nun prazo dun mes.
Neste ano tamén haberá liñas de axuda ICO, as do Instituto de Crédito Oficial, coas mesmas condicións e características que ata o momento aínda que desta volta se creará unha subliña para as producións de animación. Tendo e conta que como os prazos de producións máis longos dunha produción tradicional, así como outras particularidades como o merchandising, que nunha produción tradicional non existen, en contacto coa Federación de Produtores de Animación consideramos crear esa liña. Comezará a funcionar este mesmo ano, aínda que recoñeceu aínda quedan cousas por pechar.
O cambio do modelo: da fiscalidade as axudas
A política pública en cinematografía é moi complexa porque é moi complexo o sector explicitou Susana de la Sierra ao longo da súa intervención. E estableceu que era o un bo momento para modificar o sistema, para adecualo ás características actuais da produción do cine e no marco da lei da cinematografía de 2007 que definiu como razoablemente boa para o sector e na que hai que avanzar no instrumento. Nesa liña, de la Sierra que chega ao ICAA do ámbito universitario, onde é unha especialista en dereito audiovisual, explicou as dúas grandes liñas: dunha banda os mecanismos de axudas e da outra os incentivos fiscais. Neste aspecto foi moi clara tanto un como o outro son axudas públicas porque, non nos enganemos, os incentivos fiscais son cartos que o Estado deixa de ingresar por apoiar un sector e, polo tanto, cartos públicos. Foi unha produtora presente na xornada, quen avanzou unha cifra, de 100 millóns de euros, que supón esta vía de ingreso ao sector da cinematografía.
En todo caso, de la Sierra quixo poñer o énfase en diferenciar eses mecanismos de desgravación fiscal que a Lei do cine establece, da tan mencionada Lei de Mecenado que se asemellan no aspecto que buscan financiamento privado, pero que na forma de aplicalo son diferentes. Recoñeceu que o modelo non está a funcionar moi ben porque o porcentaxe de dedución é baixo, un 18%, sobre todo se o comparamos co que acontece noutros países do contexto, que ronda o 20 ou o 25%. Ademais diso, de la Sierra considera que para facilitar a entrada do coprodutor financiero hai que chamalo inversor. É un cambio de nomenclatura que podería facilitar as cousas. De la Sierra tamén mencionou as Agrupacións de Interese Económico (AIE) pero, en lugar de pedir unha modificación, que sería xurídica e administrativamente moi complexo, avogou por crear un tipo societario específico como hai en Francia. Son aspectos que están sobre a mesa nun dos cinco grupos de traballo articulados pola comisión mixta entre administración pública (Ministerios de Industria, Educación, Presidencia, Economía, Facenda, e a Vicepresidencia) e sector (FAPAE, AEC, distribuidores, exhibidores, UTECA, Forta, TVE e a Plataforma de Novos Realizadores) constituída a principios de decembro (exctamente o día 5 de decembro de 2012). O grupo de traballo de sobre Incentivos fiscais ao cinema tivo lugar o 10 de xaneiro e confían ter un borrador consensuador con todas as partes antes do verán.
O sistema dos incentivos non ten sentido para curtametraxes, ou para determinadas longametraxes como poden ser as experimentais para iso están as axudas explicaba Susana de la Sierra aos produtores.
No que atende ás subvencións, na súa opinión urxe a reforma as axudas a amortización. Esa liña de axudas a películas xa realizadas. Cando se crearon tiñan o seu sentido, pero agora coas restricións orzamentarias queremos darlle a volta e buscar un criterio obxectivo e a priori porque Neste momento estamos pagando as axudas a películas realizadas en 2011 e son a parte máis importante das liñas de financiamento. Inspirándose en modelos como o francés ou o alemán están a definir unha serie de criterios obxectivos (traxectoria do equipo .) que sexan porta de entrada.
Con respecto das axudas, e xa no coloquio posterior, a directora do ICAA fíxose eco do malestar xerado no sector as resolución das últimas convocatorias e recoñeceu que non reflexa o peso do sector audiovisual galego. Por iso, apuntou que podería ser que as axudas recoñeceran criterios territoriais dentro dos mecanismos correctores na súa puntuación final.
E todo este deseño que se está a definir, ha de situarse no marco europeo. A Comisión Europea prohibe as axudas públicas, pero admite as audiovisuais porque se persegue un obxectivo cultural. A última Comunicación Cine é do ano 2001, aínda que tivo sucesivas reformas, e agárdase que haxa unha nova normativa europea a este respecto en marzo. Por iso, desde o ICAA trabállase en diálogo coa Comisión Europea para que este novo modelo que se está a definir, estea dentro do precepto normativo comunitario.
Na presentación do coloquio, organizado polo CLúster do Audiovisual Galego, o secretario xeral de Cultura, anunciou que esta semana posiblemente se nomeará no consello da Xunta, a persoa responsable de Agadic. Canda iso, tamén avanzou que "se está a traballar nas convocatorias do audiovisual para este ano" e que esperan estean listas nos vindeiros meses.