Se gravar un disco de homenaxe xa supón un desafÃo a nivel de coordinación e traballo, conseguir facelo no máis absoluto secreto, cuns homenaxeados aÃnda en activo ten máis mérito. Pois é o que acaban de conseguir dezaoito grupos galegos con Vai polos padriños, un disco que quere celebrar os vinte e cinco anos en activo de Zënzar. A iniciativa súmase a unha lista en crecemento de discos tributo e amosa que a nosa música olla para referentes propios.
Vituco Neira, responsable do programa Planeta Furancho na Radio Galega e membro de Ruxe Ruxe e mais Mario César do grupo Invivo foron os responsables de coordinar unha iniciativa como pouco sorprendente. “A verdade é que hai xa anos que se estaba a falar da posibilidade de facer algo asÃ. O proxecto arrincou realmente no concerto presentación do último traballo de Zënzar, en marzo de 2012 no Mesón do Bento. Estabamos alà uns cantos amigos e fans e decidimos que era un bo plan e logo saÃu a idea de o facer en secreto, pareceunos un desafÃo interesante”. Deste xeito, ao longo dun ano e a base de contactos persoais, foise difundido o proxecto. “Avisar a xente sen que o soubesen os do grupo era un problema, de aà que foi todo boca a boca. Elaborouse unha lista de temas que se lles enviaba aos grupos e eles escollÃan por orde de contacto cal querÃan facer”. Ao final foron 18 as bandas que participaron, de xeito totalmente altruÃsta, gravando cos seus medios e enviando os seus temas, e case outras tantas as que quedaron fóra do proxecto, ben por saber del tarde de máis, por descoñecer a iniciativa ou por non poder reunires e gravar nos prazos previstos.
Recepción
A proposta, como se pode comprobar nun vÃdeo publicado na rede por Xosé Bocixa, cantante do grupo, resultou toda unha sorpresa para os Zënzar. “Foi unha historia da que non tiñamos nin idea”, recoñece. “Non agardabamos un disco deste tipo nin penamos que puidese pensar, foi moi emocionante cando comezaron a sonar as cancións, algunhas nin sabiamos cales eran. Resulta incrible ver tanta xente aà detrás a seguir a catro tolos que comezamos a cantar rock en galego. Estamos tremendamente agradecidos a todos os que participaron no proxecto”, apunta.
Os participantes
De entre os participantes no disco, Vituco salienta que persoalmente “chamoume moito a atención Balbordo Público, un grupo de Compostela que non sei cantos anos teñen os seus compoñentes, pero con certeza non naceran aÃnda cando Zënzar comezou a tocar”. Pola súa banda Bocixa recoñece que no grupo levaron sorpresas cos colaboradores, xa que non todos son amigos. “Hai moitas bandas das que escoitaramos falar ou que ao mellor coincidiramos algunha vez pero realmente non tiñamos contactos directo, e algunhas que nin coñecÃa”, apunta. “Unha das maiores sorpresas para min foi a de Sechu e os Invisibles que fan unha versión de Chegando a casa que me encanta. E logo o acústico que gravara Machina para Planeta Furancho de Cheira mal, que xa a coñeciamos, encántanos”. De xeito máis xeral apunta que “é curioso que todos colleron cancións vellas, do repertorio máis punk ou máis heavy, apenas hai dos tres últimos discos”.
Alén dos amigos
“Unha das cosas que máis de chamou a atención foi o cariño, o respecto e a ilusión que amosaron os grupos que participaron”, explica Neira. “Ao mellor os grupos que somos máis vellos xa cadramos con eles moitas veces no escenario, pero hai tamén moitas bandas que non tiveron unha relación directa e que amosan unha admiración tremenda por eles, o que é curioso tamén porque nunca foron unha banda excesivamente comercial”. Coincide nesta apreciación Bocixa. Segundo apunta Bocixa, “é normal que grupos como Os Diplomáticos, que tiveron moita repercusión, tivesen un disco de homenaxe. Nós quizais non chegamos a un público tan amplo, por estilo e tamén por actitude. Sempre fomos ao noso e en ocasións mesmo buscabamos o rollo anticomercial”.
A influencia
Esta homenaxe pon de relevo a importancia e a influencia dunha banda que, no entanto, non estivo polo xeral entre os grupos máis escoitados do paÃs. Segundo sinala Neira “Zënzar foi unha grande influencia para os grupos que viñeron detrás a facer rock”. Mario César, pola súa banda, sinala que “o seu legado notouse sobre todo no camiño que abriron a cantar rock en galego a comezos dos noventa. Daquela non era algo habitual, e hoxe está moi normalizado. AÃnda que daquela habÃa outros grupos que tamén cantaban en galego, hoxe xa non existen, sobrevivir 25 anos na música ten moito mérito. Logo, dentro das variacións de estilo que tiveron na súa música, a base de baixo, guitarra, voz e baterÃa eu penso que influÃu en moitos grupos”.
Música a ollar para ela mesma
Do mesmo xeito, a proposta amosa a vitalidade dunha escena musical que comeza a ter referentes no propio paÃs. O de Zënzar é un máis dos múltiples discos de homenaxe que se están a facer nos últimos anos e que evidencian que os nosos músicos non só beben de influencias foráneas, o que supón unha importante mudanza con épocas anteriores da escena. Gravacións como as realizadas por unha multitude de bandas para as homenaxes a Andrés Dobarro, Os Diplomáticos de Monte Alto, MaxÃn Blanco ou Os Resentidos verifican esta tendencia. “Por fin temos un pouco de respecto e de admiración polo noso. Consúmese moita música de fóra pero agora vese tamén que hai xente de aquà que ten moi boas cancións”. Para César “hai tempo que os músicos galegos recoñecen o traballo que se fai aquÃ, en todo caso o recoñecemento falta nos medios de comunicación ou polas administracións. Este é un disco independente, alternativo, que xorde dos propios músicos do paÃs”.
Bocixa, pola súa banda, apunta que “semella que levamos uns anos no que e Galicia escóitase o que se fai en Galicia. Iso notámolo no público dos concertos, que aumentou. Agora xa non é complicado meter a cen persoas a pagar entrada nunha sala pequena para un concerto, mentres que hai cousa de vinte anos era imposible e tiñas que actuar de balde” explica. Ademais de referentes propios, iniciativas como estas están a amosar a capacidade dos músicos galegos para se coordinar por si mesmos e desenvolver proxectos colectivos. Para alén de homenaxes, discos como o Galician Bizarre proban a capacidade de mobilización dun sector no que a autoedición colle cada vez máis forza.
Concerto e continuación
Os interesados en coñecer a iniciativa teñen dispoñibles todos os temas na rede. Ademais, terán unha ocasión magnÃfica o vindeiro 8 de marzo na Sala Capitol, onde se celebrará un concerto que servirá para presentar este tributo. “Estaba xa programado un concerto de Zënzar para entón, e aproveitamos para artellar a presentación”, lembra Vituco Neira. Convidados de diferentes grupos e a colaboración de Machina e Invivo completan o cartel. Os asistentes terán tamén a ocasión de adquirir os discos da homenaxe.
Para alén desta cita, o proxecto vai continuar con vida propia logo do disco. O feito de que moitos grupos quedasen fóra desta homenaxe pola propia discreción con que se xestionou o proxecto está a abrir a posibilidade de continuar a iniciativas. Segundo explica Bocixa, “nós mesmos recibimos varios correos de amigos que queren participar. Lydia Botana, por exemplo, empregou unha versión nosa agora nun compilatorio que sae en Sudamérica, e non está. Entón decidimos facer un chamamento, e seica hai máis xente que tamén o fixo por Internet, animando a quen queira gravar novos tempos. Desde o grupo comprometémonos a difundilos cara ao final do ano, xa sexa editados en disco ou ben mediante a rede. A verdade é que nós estarÃamos encantados de que se sumase máis xente, gústanos moito escoitar outras visións dos nosos temas”. De xeito que semella que a historia non rematou e que teremos novas versións de Zënzar nos vindeiros meses.
Escoita Homenaxe aos padriños en Musikaze.Vituco Neira, responsable do programa Planeta Furancho na Radio Galega e membro de Ruxe Ruxe e mais Mario César do grupo Invivo foron os responsables de coordinar unha iniciativa como pouco sorprendente. “A verdade é que hai xa anos que se estaba a falar da posibilidade de facer algo asÃ. O proxecto arrincou realmente no concerto presentación do último traballo de Zënzar, en marzo de 2012 no Mesón do Bento. Estabamos alà uns cantos amigos e fans e decidimos que era un bo plan e logo saÃu a idea de o facer en secreto, pareceunos un desafÃo interesante”. Deste xeito, ao longo dun ano e a base de contactos persoais, foise difundido o proxecto. “Avisar a xente sen que o soubesen os do grupo era un problema, de aà que foi todo boca a boca. Elaborouse unha lista de temas que se lles enviaba aos grupos e eles escollÃan por orde de contacto cal querÃan facer”. Ao final foron 18 as bandas que participaron, de xeito totalmente altruÃsta, gravando cos seus medios e enviando os seus temas, e case outras tantas as que quedaron fóra do proxecto, ben por saber del tarde de máis, por descoñecer a iniciativa ou por non poder reunires e gravar nos prazos previstos.