A literatura infantil e xuvenil conta desde o pasado venres con representación na Real Academia Galega. Fina Casalderrey é a primeira escritora cunha carreira centrada neste ámbito que accede a unha cadeira nesta institución. O Plenario da RAG escolleuna o pasado venres para ocupar a vacante producida polo falecemento de Xaime Illa Couto. Ademais do seu premiado traballo como autora, que lle valeu galardóns como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, Casalderrey desenvolve tamén un intenso labor no campo da normalización vencellada ao Ensino.