Descende a edición privada en galego

Repasamos os datos do ISBN da man do Observatorio da Cultura

As editoras galegas non institucionais publicaron en 2012 un total 2.190 títulos, uns catrocentos menos do que no período anterior. O descenso supón tamén unha mingua do peso da edición galega no conxunto do estado. Os datos saen da Federación de Gremios de Editores e a Axencia do ISBN, aínda que a comparanza non é exacta, xa que en anos anteriores as cifras incluían a edición pública e mais a de autor-editor. Segundo estes datos metra tamén o peso do libro electrónico, 280 títulos, que supoñen xa o 12,7% da oferta editorial.

Achegamos, coa colaboración do Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura un resumo das táboas da produción editorial dos últimos anos.

Número de títulos publicados por comunidade autónoma en 2012



Número de títulos publicados. Comparativa España-Galicia. Serie temporal 2007-2012


Número de títulos publicados, segundo a lingua de publicación, no último bienio