Quiosco: Grial 196

O volume, centrado no décimo cabodano de Carlos Casares, preséntase hoxe en Ourense

Capa de <i>Grial</i> 196
Capa de Grial 196
O Liceo Ourensán acolle ás 20 horas de hoxe a presentación do número 196 da revista Grial, que acaba de saír do prelo. A publicación de Galaxia centra no décimo cabodano de Carlos Casares esta entrega, con artigos de Ángel Basanta, María Dolores Villanueva, Ana Luna, Iolanda Galanes e Damián Villalaín, que coordinados por Dolores Vilavedra abordan diferentes aspectos do escritor. Ademais, a coincidir tamén cos dez anos do pasamento de Xoán González Millán, achégase unha mostra da correspondencia entre este crítico e Casares. O volume complétase coas seccións habituais e artigos de, entre outros, Antón Baamonde ou Carlos Lema.