Un total de 215 mecenas reuniron un total de 4.511 euros para editar a obra Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza mediante a plataforma de crowdfunding Verkami. O traballo, con debuxos de Carlos Sardiña e textos de Pitusa Arias, percorre a biografÃa do galeguista fusilado no 36. AÃnda que anunciado como "banda deseñada, novela ou biografÃa gráfica" a obra contén unha soa ilustración por páxina acompañada por textos ao pé, en formato apaisado.
Logo de conseguir os fondos necesarios, imprimiranse as 1.000 copias deste álbum ilustrado a toda cor e de 46 páxinas, que os promotores queren comezar a enviar aos mecenas o vindeiro 15 de febreiro. Para alén dos colaboradores, a obra poderá adquirirse na LibrarÃa Paz, en Pontevedra e en Contos, en Fene. Tamén se poderá solicitar por correo a homenaxeboveda@gmail.com.
Segundo destacan desde Radiofusión, entidade promotora do proxecto, o crowdfunding conseguiu un amplo eco internacional e mesmo acadaron os parabéns do historiador británico Paul Preston, quen se comprometeu a difundir a iniciativa. Ademais os promotores foron tamén convidados a presentar o proxecto nun encontro de investigadores sobre didáctica da historia na Universidade de Valencia.