Un libro galego está entre os tres que escolleu a nivel estatal o Centro IBBY (International Board on Books for Young People) de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais para a súa lista anual. O neno can, editado por Galaxia, é unha obra de Fina Casalderrey e Francisco Castro na que se abordan diferentes tipos de discapacidades. A Outstanding Books for Young People with Disabilities recolle cada ano aproximadamente medio centro de tÃtulos de todo o mundo que tratan estas cuestións.