O galego Juan del Río leva a súa curta Pool ao Sundance

A cita co cinema independente terá lugar do 17 ao 27 en Utah

11/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O prestixioso festival de Sundance, un referente da produción independente, contará na sección non competitiva cun traballo galego. Trátase de Pool, a curtametraxe do director Juan del Río (A Coruña, 1988), tal e como afirma o propio creador nunha entrevista concedida a "Compostimes". A curta ten unha historia curiosa ás súas costas, porque no marco dun curso na Ghtetto Film School de Nova York o seu traballo Pool foi elexido para representar a escola norteamericana en Internet logo de estrearse nun gala á que asistiu Robert de Niro. O video, apadriñado por Youtube, acadou 30.000 visitas en 12 horas.

Del Río participou no Festival International Creatividad, Innovación y Cultura Digital o pasado mes de decembro co traballo Nadie se mete con Acuña. A piques de rematar Señuelo, un thriller claustrofóbico con Polanski como referencia principal, xa ten un drama psicolóxico en mente.

*Información corrixida e actualizada.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Internet, Nova York, A Coruña...