Desaparece o premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil

O Premio Xerais de novela celebra neste 2013 a súa 30ª edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Co anuncio hoxe por parte de Edicións Xerais de Galicia dunha nova convocatoria, e xa van trinta, do seu prestixioso Premio xerais de Novela dotado con 15.000 euros e a 28ª edición Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros, tamén chegou a certificación da desaparición do premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. Este último premio, que chegou a ter cinco edicións, catro delas anuais, e estaba dotado tamén con 10.000 euros foi outorgado por última vez en 2011 a Hector Carré pola súa obra Febre cando adquiriu carácter bianual, antes diso fixérase anualmente desde o 2006 e recibírono Rosa Aneiros, Jaureguizar, An Alfaya e Marilar Aleixandre. Desde Edicións Xerais aseguran que unha vez que o patrocinador actual retirou o seu apoio fixeron todo o posible por mantelo este ano buscando outro patrocinador cando xa foi confirmada a desaparición do patrocinio da Fundación Novacaixagalicia. A editorial aínda así non está disposta a “tirar a toalla” e xa buscan a maneira de poder recuperalo no ano 2014 cun novo patrocinio.

Que che parece esta nova?
122 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Fundación Caixa Galicia, Premio Xerais de Novela, Edicións Xerais...