Xancarajazz acolle a primeira Reggae Jamming

A Asociación Minho Reggae e Muu! Studios organizan o evento en Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Cartel da Muu Jamming

Cartel da Muu Jamming

Músicos de Zamaramandi, Transilvanians ou Meninos Carentes serán a base da I Muu! Reggae Jamming que se celebra na noite de mañá no pub Xacaranjazz de Vigo. A partir das doce da noite abrirase un espazo aberto á improvisación partindo os ritmos do reggae, na que pode participar calquera que leve un instrumento. A Asociación Minho Reggae xunto a Muu! Studios son os responsables da proposta, que pretende agrupar os principais representantes da música xamaicana do Sur de Pontevedra e amosar que existe un espazo para este estilo na noite de Vigo.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Pontevedra

Claves

Lugares