Achegámoste un breve perfil coa participación dalgúns deputados galegos nas Cortes de Cádiz de 1812.
Francisco Bermúdez de Sangro
Foi enviado da Xunta Suprema de Galicia a Londres en 1808 para solicitar apoio aos ingleses contra as tropas napoleónicas, conseguindo un grande éxito na súa misión. Foi elixido para as Cortes por Betanzos en febreiro de 1813, logo de falecer o deputado electo e mais o primeiro suplente. Desenvolveu o seu labor parlamentar entre xullo e setembro dese ano.
Manuel Gaspar González de Montaos
Coengo da catedral de Santiago, foi elixido para as cortes en 1813 por este distrito, e tomou posesión en xaneiro de 1814. Segundo recolle Xosé Manuel Barreiro, “non falou nunca, só fixo uha propostas o 18 de abril de 1814, se ningún interese”. Tiña un marcado carácter absolutista.
Benito Ramón Hermida y Porras Bermúdez Maldonado
Destacado xurista compostelán, fxo parte da Xunta Central e do Consello de Rexencia, foi elixido para as Cortes en 1810 por Santiago. Mantivo posicións próximas ao absolutismo, falando contra a abolición da tortura, o proxecto de lei de liberdade de prensa ou denunciando a proposta de supresión da Inquisición. Do mesmo xeito, reivindicou o papel do Consello de Castela fronte ás Cortes á hora de aprobar as leis.
José Salvador López del Pan
Chegou ás Cortes como representante da Coruña en substitución de Antonio Sánchez Boado en 1810. A súa designació foi polémica por terse oposto dous anos antes á mobilización xeral en contra dos exércitos franceses. Participou no sector absolutista denunciando leis como a de liberdade de prensa, a da extinción de voto de Santiago ou a supresión da Inquisición.
Antonio MarÃa de Parga Puga
Elixido en 1810 en Santiago, tivo unha curta estadÃa nas Cortes por motivos de Saúde. Botou a favor na liberdade prensa, unha cuestión que marcou a fronteira entre liberais e absolutistas.
Manuel Ros de Medrano
Avogado e relixioso, mantivo unha actuación de caracter absolutista nas Cortes, para as que foi escolleito en 1810. Provocou unha viva polémica ao reclamar que as Cortes non podÃan aprobar leis sen contar coa sanción real, socavando a propia idea deste organismo como depositario da soberanÃa nacional. O seu apoio ao procesamento do bispo de Ourense por non acatar o texto constitucional provocou amplos debates no seo do sector absolutista. Segundo Barreiro isto debeuse a hostilidades persoais entre os dous personaxes.
JoaquÃn Tenreiro Montenegro
Logo dunha destacada actuación na loita contras os franceses en Vigo, amplamente publicitada por el mesmo, foi escolleito ás cortes en 1810 por este distrito. De carácter absolutista, tivo que deixar o seu posto por non ter nado no lugar que representaba. Voltou á Cámara en 1814.
Samuel Valcárcel Saavedra
Avogado próximo aos liberais, chegou en 1810 a Cadiz onde mantivo unha intensa actividade. Apoiou a lei de liberdade de prensa e propuxo crear unha policÃa especÃfica contra os afrancesados.
Antonio Vázquez de Parga
Escollido por Lugo en 1810, foi un dos encargados de alboraro Regulamento das Cortes. Participou nos diferentes debates mantendo posicións absolutistas, aÃnda que a maior parte do seu traballo se desenvolveu nas comisións e non mediante discursos.
Fonte: Parlamentarios de Galicia. Xosé Ramón Barreiro Fernández.