Un verso de RosalÃa dá tÃtulo á obra mais Ãntima, depurada e delicada de Ramón Cabanilas, A rosa de cen follas. Un poemario con composicións de amor que evidenciaron no seu momento (1927) a un escritor preocupado pola sinxeleza formal. O mecanoscrito orixinal deste texto, cunha dedicatoria do autor a Enrique Peinador Lines, repousará desde mañá nos fondos da Real Academia Galega. Isto é posible grazas á doazón que lle fará á institución Jorge Parga Peinador, fillo de Parga Pondal, e neto de Enrique Peinador. O acto de entrega, que terá lugar na sede da institución o xoves 10, inclúe tamén poemas orixinais e fotografÃas do poeta coa súa familia.