A RAG recibe a doazón do manuscrito de Cabanillas A rosa de cen follas

O texto contén unha dedicatoria a Enrique Peinador, avó do doante

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un verso de Rosalía dá título á obra mais íntima, depurada e delicada de Ramón Cabanilas, A rosa de cen follas. Un poemario con composicións de amor que evidenciaron no seu momento (1927) a un escritor preocupado pola sinxeleza formal. O mecanoscrito orixinal deste texto, cunha dedicatoria do autor a Enrique Peinador Lines, repousará desde mañá nos fondos da Real Academia Galega. Isto é posible grazas á doazón que lle fará á institución Jorge Parga Peinador, fillo de Parga Pondal, e neto de Enrique Peinador. O acto de entrega, que terá lugar na sede da institución o xoves 10, inclúe tamén poemas orixinais e fotografías do poeta coa súa familia.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega

Claves