Boisaca acollerá unha homenaxe cívica a Díaz Pardo

Será o sábado 5, cando se cumpre o cabodano do galeguista

Co verso de Lorenzo Varela Unha cesta de pombas e mazás como lema, o cemiterio de Boisaca acollerá mañá unha homenaxe cívica a Isaac Díaz Pardo. Cando se cumpre un ano do falecemento do intelectual galeguista, a Academia Real Isaac Díaz Pardo organiza o evento que coordina Academia Xosé Ramón Fandiño, biógrafo do homenaxeado. A homenaxe comezará ás 12:30 horas e na mesma inverián Carmen Blanco, Luz Pozo, Claudio Rodríguez Fer, Helena Villar Janeiro, Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Axeitos, Inma López Silva, Martiño Noriega e Charo Portela entre outros. A Quenlla, as gaitas de Manuel Castro Basteiro e Elisardo González López e os violins de Laura e Marina Quintillán achegará música ao acto..

Pola súa banda, a Xunta realizará a súa particular homenaxe a Díaz Pardo coa presentación, o vindeiro 9 de xaneiro, dun volume da colección Cadernos Ramón Piñeiro, titulado A luminosa mirada dos ollos de Isaac. O volume, que compila diferentes escritos do galeguista, presentarase no Museo do Pobo.