Non paran de dicilo críticos, expertos e os libros de historia: os períodos de crise son tamén momentos de gran creatividade. O ano 2012 foi, sen dúbida, un ano crítico no que a financiamento se refire. Houbo un claro retroceso de apoio público que se evidenciou nunha baixada de orzamentos en case todos os grandes festivais, actividades, liñas de axuda. Traduciuse na desaparición de compañías, festivais e un panorama desolador para o sector cultural. Pero tamén houbo, en paralelo, un rexurdir de xéneros novos formatos e propostas, unipersoais, de orzamento cero, con grande imaxinación que sinalaron cara un novo camiño. Repasamos as tendencias do 2012 en canto a arte, artes escénicas e audiovisual.
A arte: máis con menos
Chus Martínez Domínguez, crítica e comisaria de arte, considera que neste contexto de crise vese, a situación crítica vese reforzada nas artes polo mantemento do Gaiás cunha programación nada acertada durante todo o ano, acompañada por unha preocupante falta de apoio á profesionalidade de moitos axentes implicados no sistema artístico galego: artistas, críticos e comisarios. ¿As excepcións a ese ermo cultural son moitas, desde o proxecto coordinado por Xosé M. Buxán Bran Estado Crítico, que logrou reunir a diferentes axentes na Sala Alterate do Campus de Ourense (Universidade de Vigo) ata o traballo de galerías, que afrontaron a crise cunha programación de diálogo de diferentes xeracións con artistas galegos e foráneos. Para Chus Martínez Domínguez algunhas das máis consolidadas como SCQ pechaba este ano, resistindo as máis consolidadas a base de exposicións interesantes como Adhoc e Trinta, ou Bacelos abrindo nova sede en Madrid, e as máis novas entre as que destacaría a programación de PM8 con presenza nas feiras JustMad e Artíssima e A punto de Fuga cunha enérxica actividade de mostras, obradoiros e xornadas de distintos ámbitos da creación.
Na súa opinión este ano no eido da arte cómpre falar da muller. Sobre todo porque se o 2012 deixou tras de si unha nova forma de traballar desde as galerías, en parte porque as mulleres dirixiron ese espazo novo, como pode ser o caso de About Art. Con todo, Chus Martínez Dominguez asegura que segue a ser necesario un compromiso serio respecto da visibilidade da muller artista, que segue a ter unha presenza anecdótica na meirande parte dos programas expositivos e proxectos tamén traballando con galerías-, xa sexan orixinados no ámbito oficial como no alternativo. Destacaría o proxecto de visibilidade Artistas, coordinado por Almudena Fernández e Mar Caldas da Universidade de Vigo, e a mostra do MUSAC Genealogías feministas na que se incluíron os nomes de Anxela Caramés, Carme Nogueira, Uqui Permui, María Antonia Dans, Mar Caldas, Mónica Cabo, Yolanda Herranz, María Ruido ou Chelo Matesanz.
Este foi tamén o ano de nacemento de numerosos proxectos, como o FAC Peregrina que vén de recibir un premio de 10x10Pública do Centro Cultural Ágora e o Halcón Milenario desde a actividade alternativa canda a propostas como o espazo multidisciplinar Bus Station Space e o piso Elefante 330 e a Sala Non Lugar Diálogos improbables que traballan como novas salas expositivas.
As coproducións foron unha das tendencias no ano, a escaseza de recursos obrigou aos programadores a compatir. Delas, Chus Martínez Domínguez destaca a de Esther Ferrer no CGAC e nas de produción propia merece céntrase "nas de Presenza Activa e Balea Negra no MARCO". A Fundación Granell, no aniversario do surrealista, a Luís Seoane a Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, canea os proxectos de Manuel Eirís, Loreto Martínez Troncoso, Amaya González Reyes, Berta Cáccamo, Jesús Madriñán, Rut Massó, Pamen Pereira, Enrique Lista e Mónica Cabo, fan parte dos nomes propios da temporada.
As artes escénicas
A desaparición de Lagarta Lagarta, da Feira Galega das Artes Escénicas, o fin da Mostra de Teatro de Cee, a desaparición da Sala Nasa, o anuncio da sala arte libre de suspender programación... acumúlanse as malas novas para as artes escénicas. E a esa, Manuel F. Vietes, director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) engade o feito de que neste ano os centros superiores de artes (restauración, música, deseño, danza...) quedaron sen o título de grao. É un feito importante poruqe aínda non ten solución e están nunha situación de incerteza que afecta a todo o sistema cultural.
Canda este panorama crítico, emerxe con forza diferentes espazos dedicados ao microteatro, a gran revolución do 2012 escénico. No entanto, para Manuel F. Vieitez ten unha lectura diferente xa que en Galicia está substituíndo a un teatro canónico e lexitimado porque non é un síntoma de enriquecemento e desenvolvemento de sistema, como puido ser en Arxentina hai seis anos. Na súa opinión, é unha mostra máis do empobrecemento do sistema que asiste imparable á desaparición de compañías e de novas tendencias que agormaron desde o 2007 cando apareceron formas de teatro físico, formas de novo circo, formas de teatro musical abeirado ao cabaré, que non é o musical de broadway e que na miña perspectiva enriqueceron o panorama. Nese contexto agradece que o CDG non desaparecerá grazas a Manuel Guede que ten o prestixio suficiente para volver e manterlo e a outros feito como a aparición de compañías como Ilmaquintario teatro que irrumpen con forza, cun proxecto sólido, cun plano moi trabado pero que se pode atopar que non teñen un espazo onde dicir todo iso que teñen que achegar.
E o problema continuará no 2013 porque a rede galega de teatros e auditorios para o primeiro semestre non está a funcionar. É un problema moi grave apunta Vietes que tira da historia para achegar unha solución. En 1935, cando a depresión norteamericana estaba facendo desaparecer o entramado escénico de Broadway, Franklin Delano Roosevelt puxo en marcha o Federal Theater Project, orientado a que ese tecido non desaparecese, que puxo en marcha Creo que é unha mostra de firme crenza na capacidade operativa da cultura e non hai máis que ver o exemplo do teatro americano para ver o seu resultado.
O audiovisual: ese punto medio
Pepe Coira, crítico e experto, considera que estamos nunha situación que non ten precedentes, xa que estamos asistinto a un cambio substancial do modelo audiovisual e o problema é que non somos quen de adivinar que paisaxe vai quedar despois de toda esta crise. E nesa valoración xeral, Coira sitúa o audiovisual como unha peza máis do contexto económico global.
No que atende ao caso Galego deste ano, hai unha fractura entre o audiovisual que se leva a facer aquí nos últimos vinte anos e o etiquetado baixo Novo cinema galego que funcionan como dous universos diferentes e que a min, me agradaría que se tocasen máis. Na súa opinión é algo natural, que acontece en moitas partes, pero considera positivo que se interrelacionen.
Para min algo memorable deste ano é que por fin chegase as pantallas o proxecto do Apóstolo. Nese contexto tan complexo, o empeño de Fernando e de Isabel de levar adiante esta proposta, á marxe do agravio que se lle teña feito a nivel de distribución, é un mérito en si mesmo apunta Coira que segue a confiar no peso da animación en Galicia. tanto factorías como Bren como Dygra foron un caldo de cultivo de moitos creadores e sego a pensar que haberá moitas alegrías dunha animación máis independente. Canda esta producción, para Coira o ano deixa outra producción: Vilamor, por ese esforzo inxente que fixo Ignacio Vilar na distribución da súa película e que evoca irremediablemente e a esa necesidade de poder facer visibles as películas. Dos froitos desta crise, decatarnos que fixemos tanto esforzo na capacidade de producir que non atendimos a algo tan esencial como a capacidade de acceder ao público puntualiza.
A desaparición do Consorcio Audiovisual de Galicia, a unificación das competencias na materia baixo o paraugas de Agadic con Anxo Quintanilla como responsable da política audiovisual logo dun concurso de méritos, así como a supresión do Consello Asesor e das Telecomunciacións e do Audiovisual de Galicia apuntaron neste ano a desenlear a maraña institucional que afectaba a política pública nesta materia.Para Pepe Coira paréceme positivo que se despexen as dúbidas e creo que o que está pendente é rematar de aplicar a Lei de Medios públicos.
En canto a xéneros, o documental a está a vivir un momento especialmente propicio. Ten certa lóxica que viva un bo momento, que falando en termos xerais é do que mellor se poden facer con recursos escasos porque non hai moito que construír pero hai que saber mirar.
Polo demais, hai na súa opinión máis talento en facer cine de xénero (thriller, fantástico ) e cultivar con máis pericia un produto para contactar cun público amplo. Prodúceme certa pena que o cinema intermedio hoxe o ten bastante complicado porque o cine está nos centros comerciais ou nos museos, e hai un gran espazo no medio ao que atender.