Cangas renova a súa aposta co microteatro para adultos e nenos

Na primeira edición conseguiron 2.000 espectadores

Despois do éxito da primeira edición que chegou a xuntar a 2.000 espectadores, o espazo O Manancial de Cangas repite proxectos de microteatro neste mes de decembro. Desta volta con dúas obras de Mario Iglesias: Os tres presidentes e A coincidencia Cósmica. A primeira conta a a historia dun presidente dunha nación que recibe unha molesta e inesperada visita. A segunda, céntrase en duás mulleres qeu descobren que teñen en común algo máis que o seu posto de traballo. O formato é o habitual para o microteatro: cada pase ten un límite de 15 espectadores e 15 minutos de duración. Ademais, esta entidade tamén programa "micro nano teatro" pensado para os máis pequenos, con Ajdar que narra a historia de Matilde.

Ligazóns