Inaugúrase hoxe o Centro de Interpretación das Illas Atlánticas

Cúmprense dez anos da creación do Parque Nacional das Illas Atlánticas

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

No ano no que se cumpre unha década da declaración do Parque Nacional das Illas Atlánticas, o complexo estrea centro de interpretación. Non está situado no arquipélago, senón en terra firme, no edificio Cambón do Casco Vello de Vigo. O centro inaugúrase esta tarde coa presenza dos responsables dos departamentos do goberno implicados na súa obra, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Fernánadez, e o a directora xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Guillermina Yanguas. O centro tivo un custe de cinco millóns de euros, tres para a reformas e dous para contidos interpretativos. Esta infraestrutura comeza a funcionar desde hoxe, con horario de mañá e tarde pechando os luns.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo

Claves

Lugares