É certo. Esta ano houbo crise por todas partes e, como non, nas industrias culturais. No entanto, non a todo o mundo lle afecta do mesmo xeito, e se no caso das letras estamos a vivir fondas mudanzas como, por exemplo, a práctica desaparición de espazos para a crÃtica literaria, semella que a música está no seu esplendor creativo, e que a banda deseñada continúa unha marcha firme e continua. Falamos destes ámbitos cos nosos especialistas.
“Penso que unha das cousas máis importantes que pasaron este ano foi a desaparición de plataformas especÃficas para a crÃtica literaria, como Luces, explica Dolores Vilavedra, Dolores Vilavedra, crÃtica literaria e profesora de FiloloxÃa na Universidade de Santiago. A desaparición de medios de comunicación de ámbito galego está a deixar este importante elemento do noso sistema literario sen espazos de expresión. “Paréceme unha auténtica traxedia, e que a xente aÃnda non se parou a pensar o que realmente significa isto. Hai lugares na rede pero non existe un espazo xeralista no que tropezas crÃtica mentres les o xornal ou escoitas a radio. Son fundamentais e cada vez quedan menos, está o Faro das Culturas, a Radio Galega e pouco máis”. A falar de boas novas, a profesora destaca “O Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial para Kalandraka, que ten un grande mérito aÃnda que pasou algo desapercibido”. Este ano viuse tamén “o diálogo entre cine e literatura, que é un camino de futuro. Temos dous exemplos como foi a edición de Pá Negre traducido e con CD e mais a versión cinematográfica de Todo é Silencio, de Manuel Rivas”.
A creación literaria
A nivel de creación apunta “un sÃntoma para min preocupante no que supón de involución no percorrido histórico da literatura galega que é o retorno da novela de tese, con obras como Atl, En vÃas de extinción e Como en Alxeria. Semella que en tempos de crise hai unha tentación de ofrecer respostas sólidas e compactas, e iso no terreo ideolóxico pode levar ao populismo e a nivel literario leva á tentación de mandar mensaxes claras e contundentes a tentar salvar o mundo desde a literatura”. En relación con isto, aÃnda que separado, Vilavedra sinala “a novela feminista de Begoña Caamaño, que se presenta nitidamente como unha escritora feminista. PoderÃa ser novela de tese pero ten unha calidade literaria e unha frescura que marca unha distancia, afástase da ortodoxia e acada uns produtos para todos os públicos”. Canda a isto “biografÃas como a de Celso Emilio e de MurguÃa amosan a boa saúde deste xénero, que te un longo camiño por percorrer. Está a medrar xa nos últimos anos e ten receptividade no público”. E despois “resulta paradoxal a aparición dunha nova colección de poesÃa, nun panorama de afundimento deste xénero”, como é o caso da recuperación por parte de FaktorÃa K da colección Tambo.
O talento suple os cartos
“Dise que en momentos de crise, a necesidade agudiza o enxeño, e no campo da música isto semella ser certo”, sinala Vituco Neira, responsable do programa Planeta Furancho na Radio Galega, “están a saÃr moitas cousas boas, os grupos cada vez tocan vez mellor e o discos están mellor producidos”. Malia á crise propia do modelo discográfico, non deixan de saÃr álbums, e a autoedición semella afianzarse non noso panorama musical. “A xente ten máis formación, hai vinte anos non habÃa tanta xente que controlase de son, e mesmo as posibilidades para aprender a tocar instrumentos eran menores. Hai moito talento, e sábense aproveitar moi ben as posibilidades que achega a informática á gravación e á produción”, apunta, defendendo mesmo que as novas tecnoloxÃas mesmo poden facilitar un mellor resultado final mesmo sen gravar en estudio. “Eu mesmo teño gravado discos en estudio moi bos, pero hai que o facer a toda velocidade porque pagas por tempo e normalmente vas cos cartos xustos. Con estas ferramentas podes traballar na casa e obter un son case profesional, e ademais gañas o tempo que lle podes dedicar ao disco, tes todo o tempo que precises, e entón iso pode ser moito máis valioso do que meterse nun estudio a fume de carozo”. E pon como exemplo o disco de debut de Skarallaos. “Gravouno o saxofonista na casa e chamoume a atención o ben que soaba, ten un son espectacular”.
Debuts e regresos
Entre os lanzamentos do ano destaca lanzamentos como o último de Zënzar, “que conseguen manterse de actualidade e mesmo tirar un dos mellores discos dos seus 25 anos de traballo, que ten moito mérito”. Fronte a estes veteranos, destacan debuts como de Terbutalina, “foron unha auténtica sorpresa, un grupo cunha grande autenticidade no seu xeito de ser e de se enfrontar ás cancións. Na mesma liña, tamén está o primeiro disco de Familia Caamagno, que amosa un grande nivel. E tantos outros que de certo me esquecen e polo que lles pido desculpas”. Como unha tendencia particular deste 2012, Neira apunta “os retornos”, que marcaron en boa medida a actualidade musical. “Os Cempés retornaron aos escenarios e sacaron un disco. Os Resentidos, voltaron con disco tributo incluÃdo. Os Heredeiros da Crus cun directo e o proxecto dun disco en marcha, e ata Os Diplomáticos, que se reuniron o pasado novembro no Castañazo Rock e compartiron escenario con outras dúas referencias do Bravú, Os Papaqueixos e os Rastreros”. E é que semella que a innovación non está rifada coa nostalxia na música galega actual. Outra caracterÃstica que pode facer lembrar este 2012 foia proliferación de iniciativas de Crowdfunding na música galega. Desde o xa mentado Tentemozo dos Cempés ao segundo compilatorio Galicia Bizarre ou, máis recentemente o Son Brasilego de Sergio Tannus, “´eunha fórmula que abre moitas portas para paroducir discos, unha opción para que o grupo poida vender o disco por anticipado, que ó que se fai na maiorÃa das veces”.
Situación ao vivo
Como contraste ao optimismo creativo, Neira recoñece que no campo da música ao vivo están a se dar importantes transformacións que non son necesariamente positivas. “Os festivais están reubicándose un pouco e buscando o seu sitio. As cousas están complicadas e déixase notar a crise, aÃnda que cada vez hai máis público, hai tamén menos cartos. Antes habÃa eventos que con pór unha barra e vender camisolas podÃan cubrir os gastos, e iso agora xa non acontece”. No entanto, semella que de novo a necesidade agudiza o enxeño, e que pode haber mudanzas de importancia no sector. “Está a se traballar nunha xuntanza de festivais, hai preto de 18 que están a traballar para ver se hai xeito de pór cousas en común e tirar situacións vantaxosas ao negociar con compañÃas de son ou para a contratación. Temos que ser conscientes que moitas destas iniciativas non deixan de ser proxectos altruÃstas de asociacións e colectivos e que grazas a eles a música do paÃs sobrevive”. En escenarios máis pequenos, o locutor pensa que o panorama é máis positivo, malia ao feche dalgunhas salas. “Mantéñense nomes mÃticos e van aparecendo espazos novos. Hoxe o punto forte da música está nos bares e nos pubs, é unha escena que está a funcionar moi ben e son os mecenas reais da música, quen lles permite aos grupos novos ter onde tocar”.
Afianzamento na BD
“Continúase o camiño xa iniciado en anos anteriores pero vanse vendo resultados”, explica o crÃtico e dinamizador Henrique Torreiro sobre a evolución da banda deseñada galega durante 2012. “SaÃron obras que levaban varios anos a se preparar, como o segundo volume de El héroe de David RubÃn ou o agardado Ardalén de Miguelanxo Prado. E é de destacar a cantidade de premios de nominacións que están a situar os nosos autores en primeira fila, como é o caso do propio RubÃn ou de José Domingo. De xeito paralelo estase a ver o afianzamento internacional dos nosos autores. Vaise xeralizando que, para alén da xente que traballa directamente para editoras foráneas, como Emma RÃos ou Tirsco Cons, si que comezan a se ver traducións de materiais editados primeiro en España e Galicia. Estamos deixando de exportar a man de obra para exportar obras xa feitas”, con casos como os do xa mentados que se suman a outros como MartÃn Romero, Lola Lorente que viron en mercados internacionais obras editadas orixinalmente ou castelán. Ou as traducións para o español do Breve encontro de Jacobo Fernández ou de O fillo da furia, de Manuel López e Miguel Fernández, desde as súas edicións en galego.
Na tendencia internacional
A seguir as tendencias dos mercados internacionais, tamén no noso paÃs está a se afianzar o formato de novela gráfica. “RatifÃcase como estándar. Esqueceuse aquela idea de antano do cómic como álbum formato europeo. Nesta liña están traballos como os de RubÃn e Prado, ou as historias sobre Castelao que están a publicar Inacio e Iván Suárez en Demo Editorial, que sen ser grandes novelas si que teñen un ton que difiren absolutamente do panorama editorial anterior”. Precisamente o traballo destes autores, os volumes Titoán e O pobre tolo son destacados como Torreiro como un foco de interese na creación deste 2012. “SE conseguen rematar o seu proxecto de desenvolver a vida de Castelao en cómic con todos os tomos, penso que poden marcar un fito, un antes e un despois na BD galega. As primeiras entregas son moi potentes, desde logo”.
Normalización
“Este ano fixéronse os 25 anos da librarÃa Kómic, a primeira librarÃa especializada en banda deseñada do paÃs, e logo os cumprirá tamén Paz en Pontevedra. Estes aniversarios permÃtenos comprobar como mudou a situación social da banda deseñada”, lembra Torreiro. “Agora hai moitas librarÃas especializadas e mesmo nas tradicionais vai habendo espazos para a novena arte, ao igual que os centros comerciais. A BD está a se estender a tantas formas e temáticas que está a desaparecer a diferenciación entre lectores e lectores de banda deseñada, e hoxe o público interesado é practicamente o mesmo que o da literatura”. En relación á relativa normalización desta arte, Torreiro destaca a exposición Orixes do cómic en Galicia que se celebrou na Cidade da Cultura a pasada primavera. “Amosa como as orixes están moi atrás e os vieiros que puideron levar á banda deseñada actual. É unha mágoa que non exista un catálogo desta exposición”. Outra mostra da maior relevancia da BD no panorama cultural está, para este especialista, “no interese que están a amosar editoras tradicionais, como Galaxia ou Xerais por esta arte. Todo o mundo detectou que pasa algo coa banda deseñada e están a se lanzar ao tema”.
Futuros
A continuidade da produción a nivel galego semella garantida. Por unha banda a apertura da escola O Garaxe Hermético en Pontevedra “amosa a existencia dunha certa demanda, un nicho de mercado de xente interesada por aprender a facer cómic”. Pola outra “todos os dÃas vaise coñecendo algún proxecto e en moitos casos avanzados. Hai anos os autores tiñan ideas ou bosquexos, pero hoxe a xente ten historias de moitas páxinas xa rematadas. Iso amosa un amor a esta arte impresionante, xa que é moi difÃcil que alguén acabe gañando a vida nisto”.