É certo. Esta ano houbo crise por todas partes e, como non, nas industrias culturais. No entanto, non a todo o mundo lle afecta do mesmo xeito, e se no caso das letras estamos a vivir fondas mudanzas como, por exemplo, a práctica desaparición de espazos para a crítica literaria, semella que a música está no seu esplendor creativo, e que a banda deseñada continúa unha marcha firme e continua. Falamos destes ámbitos cos nosos especialistas.
Penso que unha das cousas máis importantes que pasaron este ano foi a desaparición de plataformas específicas para a crítica literaria, como Luces, explica Dolores Vilavedra, Dolores Vilavedra, crítica literaria e profesora de Filoloxía na Universidade de Santiago. A desaparición de medios de comunicación de ámbito galego está a deixar este importante elemento do noso sistema literario sen espazos de expresión. Paréceme unha auténtica traxedia, e que a xente aínda non se parou a pensar o que realmente significa isto. Hai lugares na rede pero non existe un espazo xeralista no que tropezas crítica mentres les o xornal ou escoitas a radio. Son fundamentais e cada vez quedan menos, está o Faro das Culturas, a Radio Galega e pouco máis. A falar de boas novas, a profesora destaca O Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial para Kalandraka, que ten un grande mérito aínda que pasou algo desapercibido. Este ano viuse tamén o diálogo entre cine e literatura, que é un camino de futuro. Temos dous exemplos como foi a edición de Pá Negre traducido e con CD e mais a versión cinematográfica de Todo é Silencio, de Manuel Rivas.
A creación literaria
A nivel de creación apunta un síntoma para min preocupante no que supón de involución no percorrido histórico da literatura galega que é o retorno da novela de tese, con obras como Atl, En vías de extinción e Como en Alxeria. Semella que en tempos de crise hai unha tentación de ofrecer respostas sólidas e compactas, e iso no terreo ideolóxico pode levar ao populismo e a nivel literario leva á tentación de mandar mensaxes claras e contundentes a tentar salvar o mundo desde a literatura. En relación con isto, aínda que separado, Vilavedra sinala a novela feminista de Begoña Caamaño, que se presenta nitidamente como unha escritora feminista. Podería ser novela de tese pero ten unha calidade literaria e unha frescura que marca unha distancia, afástase da ortodoxia e acada uns produtos para todos os públicos. Canda a isto biografías como a de Celso Emilio e de Murguía amosan a boa saúde deste xénero, que te un longo camiño por percorrer. Está a medrar xa nos últimos anos e ten receptividade no público. E despois resulta paradoxal a aparición dunha nova colección de poesía, nun panorama de afundimento deste xénero, como é o caso da recuperación por parte de Faktoría K da colección Tambo.
O talento suple os cartos
Dise que en momentos de crise, a necesidade agudiza o enxeño, e no campo da música isto semella ser certo, sinala Vituco Neira, responsable do programa Planeta Furancho na Radio Galega, están a saír moitas cousas boas, os grupos cada vez tocan vez mellor e o discos están mellor producidos. Malia á crise propia do modelo discográfico, non deixan de saír álbums, e a autoedición semella afianzarse non noso panorama musical. A xente ten máis formación, hai vinte anos non había tanta xente que controlase de son, e mesmo as posibilidades para aprender a tocar instrumentos eran menores. Hai moito talento, e sábense aproveitar moi ben as posibilidades que achega a informática á gravación e á produción, apunta, defendendo mesmo que as novas tecnoloxías mesmo poden facilitar un mellor resultado final mesmo sen gravar en estudio. Eu mesmo teño gravado discos en estudio moi bos, pero hai que o facer a toda velocidade porque pagas por tempo e normalmente vas cos cartos xustos. Con estas ferramentas podes traballar na casa e obter un son case profesional, e ademais gañas o tempo que lle podes dedicar ao disco, tes todo o tempo que precises, e entón iso pode ser moito máis valioso do que meterse nun estudio a fume de carozo. E pon como exemplo o disco de debut de Skarallaos. Gravouno o saxofonista na casa e chamoume a atención o ben que soaba, ten un son espectacular.
Debuts e regresos
Entre os lanzamentos do ano destaca lanzamentos como o último de Zënzar, que conseguen manterse de actualidade e mesmo tirar un dos mellores discos dos seus 25 anos de traballo, que ten moito mérito. Fronte a estes veteranos, destacan debuts como de Terbutalina, foron unha auténtica sorpresa, un grupo cunha grande autenticidade no seu xeito de ser e de se enfrontar ás cancións. Na mesma liña, tamén está o primeiro disco de Familia Caamagno, que amosa un grande nivel. E tantos outros que de certo me esquecen e polo que lles pido desculpas. Como unha tendencia particular deste 2012, Neira apunta os retornos, que marcaron en boa medida a actualidade musical. Os Cempés retornaron aos escenarios e sacaron un disco. Os Resentidos, voltaron con disco tributo incluído. Os Heredeiros da Crus cun directo e o proxecto dun disco en marcha, e ata Os Diplomáticos, que se reuniron o pasado novembro no Castañazo Rock e compartiron escenario con outras dúas referencias do Bravú, Os Papaqueixos e os Rastreros. E é que semella que a innovación non está rifada coa nostalxia na música galega actual. Outra característica que pode facer lembrar este 2012 foia proliferación de iniciativas de Crowdfunding na música galega. Desde o xa mentado Tentemozo dos Cempés ao segundo compilatorio Galicia Bizarre ou, máis recentemente o Son Brasilego de Sergio Tannus, ´eunha fórmula que abre moitas portas para paroducir discos, unha opción para que o grupo poida vender o disco por anticipado, que ó que se fai na maioría das veces.
Situación ao vivo
Como contraste ao optimismo creativo, Neira recoñece que no campo da música ao vivo están a se dar importantes transformacións que non son necesariamente positivas. Os festivais están reubicándose un pouco e buscando o seu sitio. As cousas están complicadas e déixase notar a crise, aínda que cada vez hai máis público, hai tamén menos cartos. Antes había eventos que con pór unha barra e vender camisolas podían cubrir os gastos, e iso agora xa non acontece. No entanto, semella que de novo a necesidade agudiza o enxeño, e que pode haber mudanzas de importancia no sector. Está a se traballar nunha xuntanza de festivais, hai preto de 18 que están a traballar para ver se hai xeito de pór cousas en común e tirar situacións vantaxosas ao negociar con compañías de son ou para a contratación. Temos que ser conscientes que moitas destas iniciativas non deixan de ser proxectos altruístas de asociacións e colectivos e que grazas a eles a música do país sobrevive. En escenarios máis pequenos, o locutor pensa que o panorama é máis positivo, malia ao feche dalgunhas salas. Mantéñense nomes míticos e van aparecendo espazos novos. Hoxe o punto forte da música está nos bares e nos pubs, é unha escena que está a funcionar moi ben e son os mecenas reais da música, quen lles permite aos grupos novos ter onde tocar.
Afianzamento na BD
Continúase o camiño xa iniciado en anos anteriores pero vanse vendo resultados, explica o crítico e dinamizador Henrique Torreiro sobre a evolución da banda deseñada galega durante 2012. Saíron obras que levaban varios anos a se preparar, como o segundo volume de El héroe de David Rubín ou o agardado Ardalén de Miguelanxo Prado. E é de destacar a cantidade de premios de nominacións que están a situar os nosos autores en primeira fila, como é o caso do propio Rubín ou de José Domingo. De xeito paralelo estase a ver o afianzamento internacional dos nosos autores. Vaise xeralizando que, para alén da xente que traballa directamente para editoras foráneas, como Emma Ríos ou Tirsco Cons, si que comezan a se ver traducións de materiais editados primeiro en España e Galicia. Estamos deixando de exportar a man de obra para exportar obras xa feitas, con casos como os do xa mentados que se suman a outros como Martín Romero, Lola Lorente que viron en mercados internacionais obras editadas orixinalmente ou castelán. Ou as traducións para o español do Breve encontro de Jacobo Fernández ou de O fillo da furia, de Manuel López e Miguel Fernández, desde as súas edicións en galego.
Na tendencia internacional
A seguir as tendencias dos mercados internacionais, tamén no noso país está a se afianzar o formato de novela gráfica. Ratifícase como estándar. Esqueceuse aquela idea de antano do cómic como álbum formato europeo. Nesta liña están traballos como os de Rubín e Prado, ou as historias sobre Castelao que están a publicar Inacio e Iván Suárez en Demo Editorial, que sen ser grandes novelas si que teñen un ton que difiren absolutamente do panorama editorial anterior. Precisamente o traballo destes autores, os volumes Titoán e O pobre tolo son destacados como Torreiro como un foco de interese na creación deste 2012. SE conseguen rematar o seu proxecto de desenvolver a vida de Castelao en cómic con todos os tomos, penso que poden marcar un fito, un antes e un despois na BD galega. As primeiras entregas son moi potentes, desde logo.
Normalización
Este ano fixéronse os 25 anos da libraría Kómic, a primeira libraría especializada en banda deseñada do país, e logo os cumprirá tamén Paz en Pontevedra. Estes aniversarios permítenos comprobar como mudou a situación social da banda deseñada, lembra Torreiro. Agora hai moitas librarías especializadas e mesmo nas tradicionais vai habendo espazos para a novena arte, ao igual que os centros comerciais. A BD está a se estender a tantas formas e temáticas que está a desaparecer a diferenciación entre lectores e lectores de banda deseñada, e hoxe o público interesado é practicamente o mesmo que o da literatura. En relación á relativa normalización desta arte, Torreiro destaca a exposición Orixes do cómic en Galicia que se celebrou na Cidade da Cultura a pasada primavera. Amosa como as orixes están moi atrás e os vieiros que puideron levar á banda deseñada actual. É unha mágoa que non exista un catálogo desta exposición. Outra mostra da maior relevancia da BD no panorama cultural está, para este especialista, no interese que están a amosar editoras tradicionais, como Galaxia ou Xerais por esta arte. Todo o mundo detectou que pasa algo coa banda deseñada e están a se lanzar ao tema.
Futuros
A continuidade da produción a nivel galego semella garantida. Por unha banda a apertura da escola O Garaxe Hermético en Pontevedra amosa a existencia dunha certa demanda, un nicho de mercado de xente interesada por aprender a facer cómic. Pola outra todos os días vaise coñecendo algún proxecto e en moitos casos avanzados. Hai anos os autores tiñan ideas ou bosquexos, pero hoxe a xente ten historias de moitas páxinas xa rematadas. Iso amosa un amor a esta arte impresionante, xa que é moi difícil que alguén acabe gañando a vida nisto.