O Ateneo de Ourense recoñece a Reixa e o Festival de Cans

A entidade outorgoulles o seu I Premio Internacional ao Fomento de la Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O I Premio Internacional Ateneo de Ourense ao Fomento da Cultura foi para Antón Reixa, e mais para o Festival de Cans. A histórica entidade cultural instituiu este galardón para "distinguir personalidades destacadas no ámbito da creación cultural cuxo traballo fortaleza a expresión creativa e a liberdade de pensamento". No caso de Reixa, o xurado recoñeceu o seu compromiso co país, a súa traxectoria profesional e o seu carácter de librepensador. Pola súa banda, o festival do Porriño viu recoñecido o seus labor de promoción do audiovisual galego.

O xurado estivo composto por Avelino García Ferradal, da Deputación, Xosé Manuel Cid Fernández, da Universidade de Vigo, Mercedes Gallego Esperanza, representando a Xunta, a directora del Museo, Eva Torre, o actor Rubén Riós, o cantante Carlos Domínguez Álvarez de Los Suaves, ademais de Pablo González, secretario do Ateneo e Isabel Salgado, presidenta.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Cans, Ourense, Antón Reixa, Porriño...