Edicións Xerais publicaba recentemente Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, un volume no que Carlos Callón achega consellos e reflexións para mellorarmos o noso emprego da lingua. O título supón un exemplo dun tipo de obra que non resulta moi común no noso país, os libros de lingua destinados directamente aos falantes. Repasamos algúns destes proxectos.
Non se trata dun libro para aprender galego. Non é unha gramática nin un diccionario de dúbidas nin un libro de texto. Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez preséntase como un manual para os falantes de galego que queiran mellorar a súa lingua, sen máis. A través de pequenos contos ou de breves reflexións, Carlos Callón busca nesta obra rachar tópicos sobre a nosa lingua e anima ao lector a se achegar a ela. Brinco coa idea de autoaxuda, sobre todo coa intención de comunicar, tentando que os textos cheguen ao lector, explica o autor. Tento que se vexa como un manual práctico con consellos en positivo que pode practicar calquera persoa.
A necesidade
Segundo recoñece o autor, a idea de facer un libro como este non é nova. Tanto o anterior, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011), como este, que son siameses, levan xa tempo madurecendo e obedecen a dúas cuestións. A planificación lingüística debe atender, por unha banda ao status, que unha lingua poida empregarse en todos os ámbitos. Pero pola outra debe buscar que non se perdan os trazos xenuínos da lingua, se non esta pode acabar por desaparecer ao ficar sen personalidade, sinala. Callón sitúa o lanzamento desta obra nunha ausencia de iniciativas públicas que favorezan unha maior aceptación da norma ortográfica entre os falantes. Nunca un poder público en Galicia fixo unha campaña para explicar a norma, cales eran as formas do estándar ou por qué había que escribir así. Tampouco se fixo coa última mudanza da normativa.
Os problemas
Logo de dedicarlle o anterior volume a consellos prácticos sobre como saltar os obstáculos diarios para quen emprega o galego, desde escolarizar os nenos na nosa lingua ata como conseguir que a compañía de gas se dirixa a ti na túa lingua, neste traballo o autor aborda a cuestión de evitar que se perdan trazos distintivos do noso idioma ou revitalizalos. Unha idea central é que todos, mesmo aqueles que falan castelán, saben moito máis galego do que pensan. O que se tenta co libro é facer que aflore. Á hora de falar sobre os erros máis comúns á hora de empregar a nosa lingua, Callón incide sobre todo na importancia das actitudes. É fundamental traballar os prexuízos, a idea de que non se fala porque non se sabe falar. O obxectivo é converter galegocalantes en galegofalantes. Logo cada persoa pode cometer erros diferentes. É certo que hai cousas que cómpre ter presentes, por exemplo, sobre a colocación do pronome átono, que hai que aprender, sinala. O propio libro arrinca cun decálogo, de normas fundamentais que poden axudar a detectar erros e os corrixir, sinala o autor, quen insiste no entanto en que o problema xeral do galego é que se está a desnaturalizar e dialectalizarse no castelán, sexa con mudanzas léxicas continuadas, coa perda formas como o infinitivo persoal ou coa colocación dos pronomes átonos. Segundo apunta non se trata dun problema gramatical. Todo o mundo sabe que non é correcto dicir miércoles ou escoba, pero hai factores que fan que se acaben empregando eses termos. O importante é falar, porque é a practicar como se aprenden as linguas.
A novidade
Segunda apunta Susana Mayo, Coordinadora técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, o atractivo deste libro é que está destinado ao falante habitual para que mellore o seu emprego do galego. Ata o de agora era máis habitual que se fixesen libros de autoaprendizaxe orientados a preparar exames de nivel ou de acceso á administración. Tamén hai un traballo moi rico feito desde as universidades e outras entidades máis orientado a grupos profesionais, como administrativos ou profesores, buscando mellorar a lingua pero pensado no seu traballo ou para elaborar escritos de cara ao público. Canda a isto, hai propostas como Aula de Galego, dispoñible no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pero está orientado á preparación das probas do CELGA e resulta máis axeitado para xente que non sabe galego.
Máis autoaxudas
De calquera xeito, existen outros recursos dispoñibles para os interesados en ter mellor lingua. Por exemplo, na mesma liña que o anterior traballo de Callón pódese situar o Made in Galiza de Séchu sende. É unha obra que se concentra en mellorar as actitudes, cunha linguaxe que busca conectar coa mocidade, sinala Mayo. Máis na liña do último de Callón libro está Lingua de calidade que Xosé Manuel Freixeiro Mato publicou en Xerais en 2010 e que achega tamén receitas para mellorar o galego tanto oral como escrito. Fóra dos libros non se pode esquecer o programa Ben Falado! que promoveu a Secretaría Xeral de Política Lingüística e que emitiu a CRTVG. Para alén de promover o coñecemento sobre diferentes aspectos da nosa lingua, o espazo atendía especialmente á oralidade e mais á fraseoloxía propia do galego. De xeito similar, a emisora comunitaria Cuac FM emita e mais ten dispoñible na rede o curso Isto é Galego no que atende de xeito especial á fraseoloxías, aos falsos amigos ou ás dúbidas máis frecuentes entre os falantes.
Desde o reintegracionismo
Este tipo de obras amosa un certo vigor entre os galegos que optan pola norma reintegracionista. A escaseza de cursos e de formación neste sentido fai que moitos dos partidarios do lusismo ortográfico teñan que aprender pola súa conta, e é por isto que abondan relativamente propostas de formación neste sentido. Este mesmo outono vía a luz, logo de se esgotar nun ano, a segunda edición de Do Ñ para o NH. Neste manual Valentim Rodrigues Fagim amosa como mudar de norma desde a ILG para portugués mediante exercicios e pequenas explicacións. Segundo explica o autor "trata-se de uma boa ferramenta para pessoas que querem falar um bom galego, usem a ortografía que usarem". Canda a isto, Através Editora presentaba no verán de 2011 101 falares com jeito, un libro de Fernando V. Corredoira no que o autor propón alternativas para depurar a nosa lingua de castelanismos, especialmente a nivel semántico e mais nos calcos lingüísticos de expresións.
Outros recursos
Canda a estes, non se poden esquecer materiais que, mesmo sendo nun principio máis específicos ou non tan orientados para o falante habitual teñen tamén unha grande utilidade para os falantes, como pode ser a obra Criterios para o uso da lingua. O volume editado polo Servizo de Normalización Lingüística viu a súa segunda edición este mesmo ano e está dispoñible de xeito íntegro na rede. Canda a el, pódese atopar tamén a obra Sobre a calidade da nosa lingua, editado en 2006 e que se centra nas dúbidas gramaticais máis común. De xeito semellante, tanto os equipos de normalización da Universidade de Santiago como da de Vigo achegan tamén nos seus webs abondoso material neste sentido. Non son, nin moito menos, os únicos, a rede está chea de recursos que poden axudar a mellorar a nosa lingua.