Teatro, música e obradoiros infantís son os protagonistas indiscutibles das programacións deste Nadal. O público familiar é o destinatario último dunha campaña que se caracteriza por algunha ausencia.
Nestes últimos anos eran habituais as colas na Coruña para coller entradas para o concerto de Nadal da Fundación Barrié. Este ano non. A decisión da Fundación de eliminar os concertos de Reis e o programa de Jazz deixan sen un dos referentes da oferta cultural do país. A Coruña terá o concerto de Reis da Sinfónica de Galicia, que o fai da man do MAC nova denominación do Museo de Arte Contemporáneo de Unión Fenosa. Será o 28 de decembro, cumpre 27 edicións e o programa está composto por Shostakovich, Gershwin, Maurice Ravel e Peter Hope. Tamén revalida a Real Filharmonía, que permanece fiel á cita cun programa de Mozart e Schubert para o 5 de xaneiro.
Polo demais, nótase unha programación máis reducida e outros casos como os de Santiago, que bota man da súa liña de traballo anual para concentrar nestas datas citas dos seus programas habituais (Compostela Rock, Íntimo&Acústico e Sons para a música; nos monólogos con Falabaratos e a proposta das artes escénicas e do movimento con Teatro&Danza).
As programacións por concellos
Aproveitando que a figura do Apalpador é do Courel ou dos Ancares, a Deputación de Lugo céntrase nesta personaxe popular para programar obradoiros e actividades neste Nadal. Como son as marionetas domundo, coñecer como os nosos devanceiros adornaban as árbores polo Nadal, a orixe do teatro do sombras ou como facer cadernos son algunhas das propostas que os centros dependentes da rede museística da Deputación Lucense (Museo Provincial, Museo Fortaleza de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar ou o Museo do Pazo de Tor) prepara nestas datas. Canda eles, o Centro de Artesanía desta deputación (o centrad) tamén prepara obradoiros de artesanía para os máis pequenos. A Figura do Apalpador protagoniza os carteis do Lecer no Nadal, a campaña do concello de Pontevedra que non se centra só na oferta cultural da cidade, senón que tamén preparan actividades para as parroquias.
A oferta do concello de Santiago Reforza nestas datas a programación para os máis pequenos cun apartado especial Infantil&Familiar que ofrecerá tres obras de teatro Infantil, dúas de maxia, un musical e tres obras de teatro específicas para bebés.Pola súa banda, o Salón Teatro, espazo xestionado polo Centro Dramático Galego, segue fiel á súa liña de programación habitual volve repetir co seu programa de Nadal. Nesta ocasión catro funcións (dúas de novo circo, dúas de teatro e un concerto) pensado para un público eminentemente infantil e familiar.
Xa tivo lugar esta fin de semana, unha proposta de Nadal con sede no CGAG. Tratouse do Mercado da Estrela, un espazo de venda para novos creadores galegos. Unha parte do CGAC enchouse de postos de moda, complementos, cerámica, ilustración, fotografía, repostería que ía acompañado de varias citas de cultura e lecer. Alén diso, o CGAC propón de cara estas festas varios obradoiros de creación artística para nenas e nenos (de 6 a 9 anos) arredor da exposición que o centro ten aberta, a do artista Fernando Casás, o agora xa foi e o denantes será. Este taller xirará arredor de conceptos presentes na obra de Fernando Casás como o paso do tempo, a memoria das cousas, a natureza salvaxe, a natureza domesticada e a natureza artificial.
O Concello da Coruña preparou unha intensa campaña cultural navideña onde o mundo dos títeres ocupa un posto central. En primeiro lugar porque tanto o Fórum Metropolitano como o Centro Ágora acollen cursos formativos destinados a nenos entre 3 e 13 anos. E, de xeito paralelo, a Fundación María José Jove programa unha nova edición do seu festival de monicreques. Dez espectáculos a unha exposición Un mundo de títeres, que achegan as múltiples e posibles opcións deste universo. A praza de María Pita acolle un poboado navideño no que haberá desde reparto de regalos, obradoiros de maxia, debuxo ata entrega de cartas para os Reis Magos.
No concello de Vigo é a concellaría de Xuventude quen prepara un programa específico para estas festas. Dous campamentos: un de balde e outro de pagamento. Titúlanse Un Nadal de Conto e ou outro Nadal sónico con programacións moi variadas para un público infantil co gallo de que os país poidan conciliar vida laboral e familiar nestas datas.