O centenario de Celso Emilio Ferreiro, que se celebra mañá, 12 de decembro de 2012, está a concitar diferentes homenaxes por todo o país. Deste xeito, alumnos de centros de ensino de todo o país participarán mañá, ás 12 da mañá na iniciativa RecitandoCelsoemiliO. O proxecto, artellado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propoón un recitado colectivo e simultáneo do poema Deitado fronte ao mar do escritor de Celanova. Pola súa banda, o restaurante Rúa, de Compostela, acollerá a homenaxe Lembrando a Celso Emilio Ferreiro coa intervención do crítico Ramón Nicolás e de Aser Álvarez. O acto inclúe tamén un recitado a cargo de Xiana Arias e Luz Fandiño, e unha actuación musical de O Leo. Tamén a coincidir coa data, a TVG estreará o documental 100% CEF, no que Luís Tosar interpreta o poeta e que está dirixido por Aser Álvarez.
De cara a vindeiros días, continuarán os actos de lembranza, como a presentación do libro colectivo Cartafol de Soños, no que doce poetas homenaxean a Celso Emilio. Será o vindeiro día 20 no local Portas Ártabras da coruña. Pola súa banda, os días 19, 20 e 21 de decembro do 2012, o alumnado do Instituto Fernando Wirtz da Coruña recitará poemas do autor nos estudios de Radio TV Wirtz.