As voces dos 90

Poesiagalega.org recupera recitais en pubs composteláns entre 1997 e 2000

Fonte: PICAVERSOS
Fonte: PICAVERSOS
Os anos noventa lémbranse aínda hoxe como unha década de especial vitalidade poética. Para alén das edicións de libros, a poesía podía atoparse en follas volandeiras recitais en bares. Agora, Poesiagalega.org rescata do arquivo persoal de Rafa Villar un bo feixe de gravacións dunha serie de lecturas que se desenvolveron entre 1997 e 2000 nos pubs Tarasca e Pepa a Loba, en Santiago de Compostela. Un total de vinte e sete recitados que están agora dispoñibles para escoitar libremente na rede.


As voces de Marilar Aleixandre, Anxo Angueira, Xosé C. Caneiro, Helena de Carlos, Eduardo Estévez, Alfredo Ferreiro, Modesto Fraga, Manuel Lago, Tati Mancebo, Anxo Pastor, Claudio Pato, Carlos Penela e Séchu Sende están na rede a disposición de todos os interesados.
Audio dos recitais no Pepa a Loba en Poesiagalega.org.
Audio dos recitais no Tarasca en Poesiagalega.org.