A finalización do financiamento trianual da Xunta de Galicia fai que o proxecto Poesiagalega.org feche unha etapa. Segundo publica o portal do Grupo Alea de Análise Poética, "a actualización de contidos do repositorio dixital diminuirá sensibelmente por mor da dispersión do equipo, que nalgúns casos supuxo ademais a perda de postos de traballo". Malia a que se deixará de actualizar a axenda do web e de que non se publicarán novos números da Revista de PoesÃa todos os contidos da base de datos continuarán a disposición do público.