Coa súa primeira novela en galego, Dióxenes en Dolorida, Ignacio Vidal Portabales acaba de se facer co Premio de Novela Longa Blanco Amor. O Concello de Fene facÃa pública esta mañá a resolución do xurado, que salienta a "estrutura e estilo áxil e directo, o emprego de diferentes voces narrativas e do humor como elemento condutor e a recreación dun ambiente a medio camiño entre o real e o paródico" entre outras cuestións. O autor, profesor titular de Dereito Mercantil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, recibirá 12.000 euros de premio nunha gala que se celebrará mañá a partir das 21 horas no local da Sociedade Agarimo de Sillobre.