A aparición da televisión dixital multiplicou a variedade e a forma de acceder aos contidos. E máis que vai cambiar. De momento, os avances son tímidos, malia que os proxectos son cada vez maiores, cuestións xurídicas (principalmente a xestión dos dereitos) e desenvolvemento tecnolóxico, frean os avances. Coas canles de subscrición de R de Play Doc e Músicas Tolemias estes días asistimos a presentación de diferentes propostas que avanzan novos horizontes para a produción galega.
Desde hai oito anos, Tui desenvolve un festival de documentais independentes, de corte social e de gran calidade. O éxito de público e crítica desa fórmula, así como o carácter creativo dos seus directores, Ángel Sánchez e Sara García, levounos a estar sempre buscando novas fórmulas para dar a coñecer o seu traballo mais alá dos cinco días de festival nesa localidade fronteiriza. E no seu camiño cruzáronse con R, que leva varios anos desenvolvendo tecnoloxicamente a súa plataformas de vídeobaixodemanda e, ao mesmo tempo, en palabras do seu responsable de márketing audiovisual, Alfonso Martínez buscando contidos galegos co que enriquecer a nosa proposta aos nosos usuarios. O resultado de meses e meses de traballo, presentouse hoxe cunha canle de subscrición que leva o selo Play Doc. Para nós é un proxecto que nos ilusiona moito porque hai moito tempo que queríamos ter a posibilidade de dar acceso a un cinema que habitualmente non se pode ver, que ten un valor social, humano e cinematográfico e que a xente non ve porque nin o coñece nin ten a posibilidade de velo explica Sara García, codirectora do Festival.
Durante un ano, os clientes de R poderán achegarse a contidos seleccionados e peneirados polo equipo de Play Doc. Comezaremos cunha escolma do mellor e máis significativo do que pasou no festival e unha retrospectiva do fundador do documental biográfico explica Sara. Despois, pouco a pouco irase completando a oferta con eses documentais que non tiveron acceso ao festival porque ten unhas marxes orzamentarias e un tempo limitado, pero que si nos gustaría ter proxectado.
Con galeguidade
É unha aposta clara de R de optar pola galeguidade tanto nos contidos como no tecido industrial galego explica Alfonso Martínez, ao tempo que cita outro dos proxectos cos que R está a construír o seu proxecto propio de programación audiovisual: Músicas Tolemias. Neste caso, Casa de Tolos está coproducindo con nós, un material de concertos que teñen lugar en diferentes teritorios explica. O proxecto consistía inicialmente na emisión de 25 concertos, que se ampliarán ata 80 e inclúe a maiores catro documentais (A música: Alma e Industria, O rock noso de cada día, De voces Ceibés a Millaldoiro e Música e lendas arredor das Cíes).
A televisión foi sempre unha fiestra de explotación (habitualmente entre as últimas) dun produto audiovisual. Agora, co asentamento da televisión dixital, o vídeobaixa demanda e as plataformas de pago, as vías son cada vez maiores. Amparadas na Lei de Comunicación Audiovisual, que lles obriga a investir un 6% dos seus beneficios no sector, as televisións experimentan con fórmulas que van máis alá das participación en producións e, de paso, buscan novos nichos de mercado.Nós, explica Alfonso, alén de participar en producións audiovisuais como pode ser Invasor (Vaca Films), da que somos coprodutores financeiros, decidimos darlle unha volta máis social, proxectos máis significativos e aquí é onde entran iniciativas como Play Doc apunta.
O noso obxectivo último é que os nosos clientes teñan contidos diferenciais, e que poidan ser accesibles resume. E estes son os proxectos que xa poden avanzar, pero que están en negociacións con outra serie de propostas relacionadas coas curtametraxes e coa animación. Os dereitos están a retrasar bastante o proxecto, son cuestións lentas que teñen que estar atadas e ben atadas.
Hai outra entidade implicada máis nesta variable que é o Clúster Audiovisual de Galicia. Deste esta entidade apoiase o proxecto Creación de canles temáticas VOD, inmerso dentro da Plataforma Tecnolóxica I+dea, que pretende fomentar este tipo de alianzas entre empresas creadores de contidos e plataformas de distribución e visionado.
Un experimento con posibles
Non é unha cuestión nova, desde que existen as axudas ao sector audiovisual, ata este ano existiu sempre un interese por apoiar este tipo de producións. Formatos innvoadores para televisión, telefilmes . Novos formatos que foron desde liñas propias ou apartados dentro doutras liñas máis xenéricas e baixo o que se chegaron a producir centenares de titulos. As produtoras recibiron apoios para ir desenvolvendo este tipo de proxectos que nalgún casos chegaron a emitirse. En todo caso, queda sempre no eido do innovador e do experimental.
Para nós é como unha especie de experimento asegura Sara Garcia a propósito de Play Doc. Algo que remarca Alfonso Martínez, o público é moi voluble e pode ás veces sorprenderte. Nese eido, a CRTVG tamén quere achegar o seu gran de area. No marco do Culturgal, dará a coñecer o proxecto laboratorio de innovación co que pretende desenvolver proxectos en novos medios e en novos formatos audiovisuais. Segundo explican nunha nota de prensa Será ao mesmo tempo un escaparate e un banco de probas para avances investigadores relacionados con contidos audiovisuais e xerados en Galicia, coa colaboración doutras entidades que traballan no mesmo eido.