Arredor da Auga recupera o patrimonio etnográfico do Río Gallo

O proxecto restaurou un paso fluvial do século XVIII e creou un roteiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Os pasos de Meira, antes e despois da restauración

Os pasos de Meira, antes e despois da restauración

Os veciños de Meira, en Cuntis, poden cruzar de novo o Río Gallo polos antigos pasos de pedra. O proxecto Arredor da Auga acaba de finalizar, na súa segunda fase, a restauración deste elemento etnográfico, formado por 21 pezas de pedra que se empregaban, xa no século XVIII para pasar a corrente. Unha boa parte das mesmas estaban fóra do seu lugar ou no leito do río. A iniciativa completarase cun roteiro sinalizado que atenderá tanto á importancia natural da zona como á relación histórica dos veciños co río. Ademais, realizarase unha restauración de lavadoiros tamén mediante traballo voluntario.

A Asociación Fervedoira, en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) son os responsables do proxecto, que se integra na iniciativa de Custodia Fluvial nas bacías do Ulla-Umia-Lérez

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Baixo as flores de lis

Baixo as flores de lis

A restauración da capela do Salvador desvela elementos da historia da catedral de Santiago

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cuntis, ADEGA, Umia, Ulla...

Claves

Entidades