A xogar co personaxe mitolóxico que lle dá nome, Hércules Ediciones presenta mañá as dúas coleccións en galego e en castelán coas que inicia o seu traballo de edición de literatura para nenos. A serie Os imperdibles de Hércules quere recuperar obras clásicas da literatura universal para os máis novos que estivesen aínda inéditos, mentres As amizades de Hércules achegará biografías noveladas de personaxes de todas as épocas ás que o heroe visitará cunha máquina do tempo.
O león e o pastor e ¡Llama tres veces! son os dous primeiros volumes da serie dos Imperdibles, mentres Hércules e a máquina do tempo e Hércules visita a Álvaro Cunqueiro son as primeiras obras deste proxectos, que se presentan Mañá na Coruña
As coleccións están coordinadas por Blanca Ana Roig Rechou, Presidenta da Asociación Nacional de Investigación de Literatura Infantil E Xuvenil e investigadora neste campo desde a Universidade de Santiago e conta con Laura Rodríguez como responsable editorial. O proxecto conta tamén coa colaboración doutros especialistas como María Jesús Agra , Isabel Soto , Carmen Franco Vázquez, José António Gomes, Ramón Llorens, Gemma Lluch, Mari Jose Olaziregi ou Xavier Senín.