Hércules Ediciones lánzase a literatura infantil

Presenta as coleccións Os imperdibles de Hércules e A amizades de Hércules

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A xogar co personaxe mitolóxico que lle dá nome, Hércules Ediciones presenta mañá as dúas coleccións en galego e en castelán coas que inicia o seu traballo de edición de literatura para nenos. A serie Os imperdibles de Hércules quere recuperar obras clásicas da literatura universal para os máis novos que estivesen aínda inéditos, mentres As amizades de Hércules achegará biografías noveladas de personaxes de todas as épocas ás que o heroe visitará cunha máquina do tempo.

O león e o pastor e ¡Llama tres veces! son os dous primeiros volumes da serie dos Imperdibles, mentres Hércules e a máquina do tempo e Hércules visita a Álvaro Cunqueiro son as primeiras obras deste proxectos, que se presentan Mañá na Coruña

As coleccións están coordinadas por Blanca Ana Roig Rechou, Presidenta da Asociación Nacional de Investigación de Literatura Infantil E Xuvenil e investigadora neste campo desde a Universidade de Santiago e conta con Laura Rodríguez como responsable editorial. O proxecto conta tamén coa colaboración doutros especialistas como María Jesús Agra ,
Isabel Soto ,
Carmen Franco Vázquez,
José António Gomes,
Ramón Llorens, 
Gemma Lluch,
 Mari Jose Olaziregi ou 
Xavier Senín.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Álvaro Cunqueiro, Xavier Senín, Xavier Senín...