O estudio arqueolóxico que desenvolveu un equipo da Universidade de Santiago no interior da Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo, revelou que a caverna estivo habitada na época castrexa. Esta descuberta supón a primeira aparición de material desta época fóra dos castros. Ademais de restos de animais e de cerámica de hai 2.500 anos, atopáronse tamén unhas posibles pinturas rupestres. Estes achados poderían modificar os plans do Concello de Mondoñedo de abrir a cova ó turismo.
Máis información en El Progreso e en máis sobre a cova en culturagalega.org
