Logo da polémica ausencia da edición galega na feira Liber de Barcelona, o sector está presente na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, México. O evento, que comezou o pasado sábado, conta como é habitual cun posto conxunto das editoras do paÃs coa ConsellarÃa de Cultura. No entanto, segundo sinalan os editores, desta volta a axenda de actividades corre totalmente pola súa conta e non haberá presenza institucional no evento. Canda aos editores galegos, nove empresas do sector cultural visitan o evento nunha misión comercial organizada pola Cámara de Comercio da Coruña.