A obra Leviatán valeulle ao galego Ramón Trigo o Premio Lazarillo de Álbum Ilustrado. O galardón, convocado pola Organización Española do Libro Infantil e Xuvenil, está dotado con 7.000 euros e considérase un dos máis importantes no seu campo a nivel estatal. O premio destaca a orixinalidade da proposta pictórica do autor e a capacidade de crear unha historia anovadora con referencias clásicas.
O xurado do premio estivo composto por Sara Moreno Valcárcel, Montserrat Pena, Bernat Cormand, Iraia Okina e Sally Cutting, con Ana Cendán como secretaria.
O xurado do premio estivo composto por Sara Moreno Valcárcel, Montserrat Pena, Bernat Cormand, Iraia Okina e Sally Cutting, con Ana Cendán como secretaria.