Son os papeis os que nos definen. Os que deixan constancia de cómo vivimos, cales son as nosas relacións coa xustiza, coa economÃa, mesmo coa relixión ou as nosas ideas. Cartas, diarios, documentos administrativosÂ… teñen un valor de seu que cómpre ser preservado. A gran diferenza deses papeis está na súa orixe, é dicir, se son públicos ou privados, que marca camiños e procederes diferentes. Hoxe arrincan unhas xornadas no Consello da Cultura Galega para ver da súa importancia e de preservar ese patrimonio que contribúe a formación da nosa identidade. Nelas presentarase un documento que fixa recomendacións para acceder ao patrimonio moble.
“Pretendemos chamar a atención da sociedade sobre o patrimonio que nos rodea pero que no imaxinario colectivo non acaba de ter a mesma importancia que o patrimonio inmoble” explica Gabriel Quiroga, coordinador das xornadas que se desenvolven hoxe e mañá baixo o tÃtulo Os arquivos e o patrimonio documental de Galicia. É tal o descoñecemento sobre este tipo de patrimonio que Quiroga asegura que só “os problemas deste tipo só saen ao público en contadas ocasións”.
O punto de partida
O Consello da Cultura Galega leva anos organizando diferentes xornadas para dar a coñecer a situación real do noso patrimonio. Falouse do inmaterial pero tamén do material atendendo principalmente a museos. Gabriel Quiroga consideraba que “agora cumprÃa estender ao ámbito dos documentos porque a dÃa de hoxe prodúcese unha gran cantidade de documentación que ha de ser a memoria social do futuro”.
É a administración quen atesoura a maior parte do patrimonio documental que hai a dÃa de hoxe. Pero, apunta Gabriel Quiroga, “se o analizamos desde o punto de vista temporal, desde a época medieval, hai unha gran presenza de orixe privada que acabou en mans públicas pola desamortización”. Con todo, o máis descoñecido é o que está en mans privadas.
No patrimonio privado os lÃmites son máis difusos. “A lei de patrimonio cultural de Galicia establece unha marca temporal, de cen anos, agás no caso de que estea inventariado, polo tanto o público ten acceso a el” explica ao tempo que apunta a dificultade de coñecer o que está en mans privadas. “Cómpre facer accesible ao conxunto da sociedade e como podemos facelo sen afectar ao dereito de propiedade” explica Quiroga. E sobre iso, coa explicación dun caso persoal, falarase nestas xornadas.
A situación do patrimonio a dÃa de hoxe ten moitos matices. “Non é unha mala situación porque hai moitos arquivos públicos cheos de material de orixe pública, que se complementan con arquivos privados da igrexa, familia e empresas”. Na súa opinión, o máis delicado é este último porque “non hai coñecemento exhaustivo deste patrimonio, por problemas de acceso evidentes, e tampouco non está o suficientemente protexido”. As grandes eivas pasan pola súa dixitalización e a súa perservación. No patrimonio de orixe pública, para Quiroga, “detéctase unha diferenza de aprecio en canto que é antigo, o que xa se conserva nos arquivos, e o que se está a producir que non se ve que está relacionado co futuro”.
Patrimonio moble: unha proposta
Alén da relevancia dos documentos, as xornadas conclúen coa presentación dun documento Recomendacións para o acceso ao patrimonio moble. “A raÃz desas primeiras xornadas sobre a situación do patrimonio en Galicia que promoveu o Consello da Cultura, a entidade decidiu formar unha comisión que estudase un pouco como se poderÃa facilitar o acceso ao patrimonio moble en Galicia” explica Concha Varela, integrante da comisión creada para a elaboración deste documento.
Son 38 recomendacións que se enmarcan en catro grandes liñas de acción destinadas unicamente a facilitar o acceso. “Cómpre deixar claro que non é factible separar acceso de preservación e conservación, pero neste caso buscamos só contribuÃr a facilitar que a cidadanÃa poida coñecer ese patrimonio” puntualiza Varela.
A primeira das liñas de acción vai encamiñada exclusivamente á divulgación. “A que a cidadanÃa poida tomar conciencia do que ten e no que se pode recoñecer” e que se concreta en recomendacións como crear un censo de todas as institucións e particulares que posúen pezas patrimoniais ou un catálogo colectivo de toda Galicia. “Información que estará na rede e aproveitar o traballo feito (do que está feita, non separa as tipoloxÃas de institucións, todas xuntas nun solo catálogo)”
Se a primeira pretende dar a coñecelo, a segunda incide en facilitar o acceso a eses bens. “Aquà hai bastantes liñas de acción como por exemplo, en relación coa dixitalización do patrimonio, cómpre existir unhaspautas técnicas e de selección dos bens (primeiro particulares, segundo insistitucións pequenas, despois as que están fóra de Galicia e que isto precisa un acordo interinstitucional)”. O seguinte nivel pretende fomentar a sensibilización cara ese patrimonio. Son medidas orientadas a concellos, institucións patrimoniais...e tamén as asociacións culturais e moi importante o sistema educativo. “Unha medida concreta, por exemplo, no ensino básico e medio ha de ser unha ferramenta e que deberÃa ser transversal e introducilo no currÃculo, ou accións como que os centros creen material de apoio arredor do patrimonio e que se colguen na rede”.
Por último, a última liña que recolle ese documento olla cara os profesionais que se encargan da xestión do patrimonio. “É algo que se puxo en evidencia nesas xornadas e teñen que ver coa necesidade de que haxa unha formación universitaria e continua por parte dos xestores do patrimonio” puntualiza Concha, ao tempo que incide na importancia desta recomendación xa que, na opinión desta comisión se non hai esa profesionalización todas esas medias anteriores serán imposibles de levar adiante.