A historia, a arte e o museo

Lugo abre ao público o museo da cidade cun espazo propio para a arte contemporánea

Vista exterior do centro
Vista exterior do centro
A oferta cultural da cidade das murallas completarase mañá coa apertura, que non inauguración, do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). Un centro destinado a repasar a evolución histórica da cidade que tamén contará cun espazo dedicado á arte contemporánea. A visita a este edificio que custou 10 millóns de euros e leva catro anos en obras, será de balde en horario de tarde.

É o centro destinado a explicar a evolución histórica da cidade. Os edificios do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) levaban catro anos en obras e supuxeron un investimento de 10 millóns de euros. É obra dos arquitectos Nieto-Sobejano, gañadores dun curso de ideas convocado para construír do proxecto, e pretende achegar a idea dun parque-museo, é dicir, un edificio que xorde da relación coa paisaxe. O xardín arborado ocupa uns 11.000 metros cadrados, mentres que a superficie construída é de 4.035. O complexo está formado por unha sala da exposición permanente sobre a historia da cidade (ocupa 300 metros cadrados), una sala para exposicións temporais (242 metros cadrados), salón de actos, biblioteca, ademais de cafetería, tenda e espazo administrativo.

A exposición inaugural
Malia que o museo abre ao público cunhas xornadas de portas abertas o xoves 22 de novembro, non será ata o 29 cando se inaugure unha das exposicións de arte contemporánea que acollerá. Leva por título A obra elixida, artistas galegos dos últimos 30 anos e a artista lucense Mónica Alonso é a encargada de ser a súa comisaria. Nesta exposición son os propios artistas, como Miguelanxo Murado ou Francisco Leiro, os que seleccionan unha obra representativa da súa traxectoria e configuran o discurso expositivo. A exposición, alén de dotar de contidos o centro, serve para festexar o XII aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

O parque-museo

O parque-museo

Vista da exposición permanente