A creación literaria en diálogo con artes como a danza, as artes plásticas ou a música é o eixe do VII Encontro de Escritores/as Novos/as. O evento, que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega, celébrase o vindeiro 24 de novembro na Cidade da Cultura e supón o remate dun proceso de creación colectiva que se desenvolve desde hai varios meses e que implicou a nove creadores en tres proxectos.