AgustÃn Fernández Paz foi nomeado polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo como Doutor Honoris Causa. A proposta, que xurdiu do departamento de FiloloxÃa Galega e Latina, quere recoñecer, canda "unha traxectoria inmensa no eido da creación literaria" o traballo "dun dos grandes divulgadores de Galicia no mundo enteiro”, segundo explicou o profesor Burghard Baltrusch, director do departamento encargado de defender a proposta.