Redrum fai currículum

A compañía de Alex Sampayo aborda a busca de emprego na súa última montaxe

Abordar un tema tan serio cun pouco de humor. Esta é a pretención de Curriculum Vitae, o novo espectáculo de Redrum Producións. Unha montaxe na que bota man de textos de recoñecidos escritores e guionistas como Diego Ameixeiras, Araceli Gonda, Avelino González, Manolo Cortés e José Prieto para montar unha comedia sobre a busca de emprego e as entrevistas de traballo.

Mónica García e Guillermo Carbajo son os actores que encarnan estas particulares historias, algunhas delas baseadas en feitos reais, que conforman a programación. A montaxe estreouse no Teatro Rosalía da Coruña a pasada fin de semana e inicia a súa andaina que os levará por Teo, Gondomar e Cambados.

Redrum asume así a súa terceira montaxe, logo de dúas obras de diferente temática e factoría. Unha delas Moito conto, unha obra de teatro de contido ecolóxico e moi diferente do ambiente de misterio e suspende de A pensión. Protagonizada por Rosa Álvarez, A pensiónsupuxo o debú teatral de Alex Sampayo, coñecido pola súa faceta audiovisual en series de televisión El Internado (Antena 3), Padre Casares, Terra de Miranda ou Valderrei.

Curriculum vitae

Curriculum vitae