A historia de amor entre un soldado polaco e a viúva dun soldado alemán no remate da Segunda Guerra Mundial que retrata Roza, do polaco Wojciech Smarzowski , convence ao xurado da 17 edición do Festival de Cine de Ourense. Unha cita que pechou as súas portas cun aforo medio do 70% o que, en palabras do seu voceiro Diego López, é un alivio e unha satisfacción saber que o traballo feito é recompensado pola cidadanía. Este ano estivo marcado polas incertezas de tipo organizativo e económico que trazan un punto de inflexión no festival de cine de Ourense.
Foi a película española Ali a que sumou máis recoñecementos, ao acadar o premio á actriz para Nadia de Santiago e conseguir os favores do público. O xurado, deu o seu premio especial para Historias que só existem quando lembradas, que tamén recibiu unha mención especial pola súa fotografía. Completa o listado de premiados The Enemy, de Dejan Zecevic que recibe o premio polo seu guión. É o palmarés máis reducido da historia recenté desta cita que alén do contexto de crise xeneralizada que sacode á industria cultural, estivo marcada pola saída da Deputación de Ourense do Consorcio do Festival de Cine que se encargaba da súa celebracion. Con todo, a organización decidiu seguir adiante coa 17 edición aínda que supuxera cambios. O irrenunciable para nós era ter unha competición importante e o buque insignia do festival desde o seu nacemento foron sempre as longametraxes e un cinema independente, social asegura Diego López, voceiro do festival.
Esta edición estivo marcada polas continuadas reducións que non impediron programar máis de medio centenar de títulos, xunto con actividades paralelas e un encontro multitudinario de escolares. O orzamento pasou de preto de 600.000 euros a 305.000 nesta ocasión (dos que 240.000 se achegaron desde o concello de Ourense) e que o sitúa nos mesmos niveis de 1996, cando comezou a andaina. O prazo de apertura de recepción de material pasou de 15 a 5 semanas, pero iso non supuxo unha merma significativa no número de producións recibidas, que pasou dos 177 da última edición ás 128 desta. Simplificouse a grella de programación reducida a 3 salas e 4 ciclos non competitivos, mais unha sección oficial que non contou con ningún título galego.
Ourense e o audiovisual galego
Durante moito tempo Ourense presentouse nos medios como unha cita ineludible para o audiovisual galego. Chegou mesmo a haber unha sección de mercado (Punto de encontro) na que os produtores galegos vendían os seus produtos ou iniciaban contactos para futuros proxectos. As películas do país abrían ou pechaban o festival, presentábanse alí ou mesmo competían na sección oficial. 18 comidas (Tic Tac Produciones), Cela 211 (Vaca Films), Anos despois (Filmanova), Eloxio da distancia, Cartas italianas(Matriuska) son só algúns exemplos desa relación que pouco a pouco foi perdendo fuelle. Este ano, diferentes circunstancias motivaron que todas as producións fixeran parte da sección audiovisual galego e na que, segundo Diego López, acollemos as Producións feitas neste ano 2012 que son moi destacables. Entre as causas, apuntan desde o certame, está que as produtoras teñen as súas follas de ruta marcadas con antelación e as súas estratexias de mercado, alén de ser coproducións con produtoras doutros territorios que teñen outros compromisos ou citas xa fixadas. Na opinión do voceiro, a presenza do audiovisual galego en Ourense tamén tivo outras caras e outras voces. Ángel de la Cruz ou Dolores Ben, dúas figuras relevantes do audiovisual galego, fixeron parte do seu xurado e outros realizadores como Héctor Carré presentaron, con encontro de público incluído, o seu último filme Personal movie. Chelo Loureiro e representantes de Adivina Producións e títulos como Avión, Xigante, A última viaxe do afiador ou 9 ondas estiveron presentes nesta edición poñendo o acento da produción galega.
Dúas cousas claras para os organizadores deste encontro, a primeira é que sempre incorporaremos na programación aquelas producións que contan con nós nos seus proxectos e nos envían os seus traballos a competir e, a segunda, é que tivemos e teremos un diálogo continuado co sector, e procuraremos que vexan en edicións futuras Ourense como unha cita nos seus calendarios de traballo.
Camiño de futuro
Polo pronto, co palmarés xa público e a parte visible xa rematada, agora comeza toda a parte administrativa de peche desta edición de festival. O pagamento das facturas, aboar as contías dos premios Calpurnia, é o máis duro e menos coñecido recoñece Diego López, pero tamén é o fundamental. Como tamén o é o traballo continuado e ao longo de todo o ano que fai o festival de cine de Ourense para evitar que a programación se reduza a unha única semana do mes de novembro.
Co seu peche ábrense tamén unha serie de interrogantes sobre o futuro do festival. Coa saída da deputación ourensá do consorcio que organizaba a entidade, haberá que esperar para ver cal é a fórmula xurídica que se establece para continuar con esta cita. En todo caso desde o certame evidencian será unha decisión política que lle dará forma (consorcio, empresa pública ) á vindeira edición que cumprirá o número 18 da súa historia.