Alberte Momán é o nome detrás de O Figurante Edicións, un novo selo que debuta no noso panorama editorial. O proxecto arrinca coa edición da obra Planh. 10 poemas de Anne-Marie Cazalis e pretende actuar como unha ponte de cara á lusofonÃa, editando en distintas linguas. A obra de Cazalis, por exemplo sae nunha edición en español, galego-portugués, inglés e francés. En breve, Momán pretende editar unha escolma de poetas irlandeses mortos na guerra da independencia do seu paÃs e un poemario de Verónica MartÃnez Delgado.