O proxecto da A ultima viaxe do afiador chega ao festival de Cine de Ourense

Simone Saibene presentou 9 ondas a súa primeira longametraxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O proxecto da A ultima viaxe do afiador chega ao festival de Cine de Ourense

Non se estreará ata xaneiro de 2013, pero o proxecto documental A ultima viaxe do afiador continúa a súa xira de presentación por Galicia. A última cita foi no marco do Festival de Cine de Ourense onde o seu director Aitor Rei, estivo a explicar as características deste filme que conta a historia de Armando Álvarez, un afiador que comeza a súa última viaxe tras toda unha vida dedicada ao mesmo oficio. Non foi o último filme galego do festival, xa que o italiano afincado en Ourense, Simone Saibene, deu a coñecer 9 ondas, a súa primeira longametraxe. Nela conta a historia dun home que perde a memoria tras beber da aunda dunha fonte que lle permite iniciar unha viaxe cara á súa verdadeira identidade.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Documental, Identidade...