A Asociación Galega de Editores (AGE) convoca mañá a reflexionar sobre a situación e o futuro da librarÃa. O Simposio o Libro e a Lectura, que se celebra na sede do Consello da Cultura Galega, quere analizar as posibilidades de futuro dun sector que se está a ver especialmente afectado pola crise económica e pola transformación do modelo de negocio do libro.
A sede do Consello da Cultura en Compostela acollerá mañá a novena edición do Simposio O libro e a lectura, que organiza anualmente a Asociación Galega de Editores. Co lema O futuro da librarÃa o encontro analizará cuestións como as canles de comercialización do libro, o emprego das redes sociais para dinamizar este establecementos ou a situación das feiras do libro do noso paÃs, entre outras cuestións.
A mudanza afecta a todos
Pode resultar curioso que un simposio organizado polos editores teña como eixe a problemáticas das librarÃas. Segundo apunta Manuel Bragado, presidente da AGE “isto fai parte xa dunha tradición. O simposio sobre o libro e a lectura sempre buscamos facer unha reflexión desde o conxunto da cadea do libro, non é a primeira vez que nos ocupamos da comercialización e da distribución”. No caso concreto desta edición, o tema escolleito veu “porque no proceso de fonda mudanza no paradigma da comunicación cultural está a mudar o papel de cada un dos elos da cadea do libro, coa aparición libro electrónico. Isto coincide cunha forte crise no mercado do libro, que afecta especialmente á librarÃa cultural. Cómpre entón que se aborde unha reflexión sen prexuÃzos, serea e coa crueza necesaria o proceso de cambio e os efectos que está a ter”.
Encol de se estas mudanzas globais están a ter un especial efecto no noso paÃs, que amosa un certo atraso na incorporación das novas tecnoloxÃas da comunicación, Bragado considera que “o caso do mercado editorial galego non é diferente do doutros en Europa. En xeral non existe aÃnda un novo modelo de comercialización e distribución do libro sustentable fóra de modelos como o de Amazon ou Apple, que manteñen como un monopolio. O número de descargas e de lecturas do libro electrónico é aÃnda de carácter testemuñal”.
A crise das librarÃas
Desde hai anos sucédense desde o sector as denuncias que sitúan as librarÃas galegas en perigo de morte. A polÃtica de gratuidade no libro do texto, a competencia das grandes superficies neste ámbito, os fracos resultados das feiras dos libros, os atrasos nos pagos das administracións ou as novas canles de venda directa na rede son algunhas das ameazas máis recorrentes denunciadas polo sector.
A Federación de Libreiros ten chegado a vaticinar que máis da metade dos establecementos galegos estaban en risco de feche. E de certo, desaparicións de librarÃas emblemáticas como Michelena en Pontevedra amosan a relativa precariedade do sector. Segundo asegura Antón Pedreira, vicepresidente da Federación e relator nas xornadas, “están a se cumprir as nosas previsións, e o problema cando fecha unha librarÃa fecha para sempre non é un negocio ao que se poida voltar con facilidade”. E sinala que “os descensos nas axudas á edición e ás traducións, o recorte en plans de lectura e a mingua na adquisición de libros nas bibliotecas, xerais e a nivel escolar” afectan directamente á supervivencia destes espazos. Canda a isto, cuestións como “a implantación progresiva dos libros de texto dixitais pode ser tamén un pau moi grande”.
Novas propostas libreiras
Fronte a isto, están a aparecer novos establecementos no noso paÃs, o que obriga a relativizar o estado de crise do sector. “É unha satisfacción grande ver como abren novas librarÃas, e mais porque o fan traballando dun xeito máis actual”, explica Pedreira. Trátase de librarÃas que van cos novos tempos. Os que levamos máis de trinta anos temos que nos adecuar ás novas canles de comercialización, tanto coa venda a través de Internet como co libro dixital, e penso que o estamos a facer. Fomos pioneiros xa na incorporación das novas tecnoloxÃas cando comezou o ordenador no comercio, e penso que mantemos o esforzo por nos adaptar aos novos tempos”.
Entre as solucións que as novas librarÃas achegan ao contexto actual, Pedreira apunta casos como “a librarÃa Lila de Lilith, que segue o camiño tan comentado da especialización ao se centrar no mundo do feminismo”. Tamén en Compostela abriu Stelia, centrada en saberes alternativos. “Outra que está a facer un traballo de dinamización moi importante é Aira das Letras en Allariz, ou o de A luz do Candil, en Arteixo”. Outra proposta que salienta Pedreira é o cambio de rumbo de Torga, en Ourense, que se transformou en Vento do Sul, un establecemento no que libros, comercio xusto, xogos tradicionais, discos ou material para bebés se mesturan. “Penso que é un acerto, unha tentativa e buscar un espazo concreto dentro de Ourense. É importante que se vaia avanzando nese sentido, redefinÃndose e tendo en conta as circunstancias a nivel local”.
Outras novas canles
No entanto, as innovacións chegan ao conxunto do sector, e a miúdo o comercio en liña ou os libros electrónicos facilitan que os editores vendan directamente os seus produtos. Canda a isto, propostas como os outlets do libro supoñen tamén un novo xeito de achegamento aos lectores. Segundo explica Bragado, “o libro e a distribución non pode permanecer alleo a novas iniciativas onde o privilexio da relación entre o lector e o libro sexa aÃnda máis estreito do que na propia librarÃa, e por aà é por onde van algunhas da iniciativas dos editores, como os outlets ou, moi especialmente, Culturgal, que é un para nós un modelo de referencia onde o libro vai onda outros produtos e servizos culturais. Todas as medidas que vaian encamiñadas a unha maior visibilidade e presenza do libro na sociedade, tanto fÃsica como virtual, debe ser explorada. Non é un momento no que poidamos estar a agardar por unha transformación na que non sexamos responsables ou protagonistas”.
A cuestión das feiras
Outro foco importante á hora de falarmos da crise que afecta a este sector son as feiras do libro. A necesidade de superar un modelo que, de xeito xeral, está a ver reducidas as súas cifras de vendas e participación é xa un tópico nos debates sobre o libro galego. Precisamente Pedreira centrará a súa intervención no simposio deste ano, e salienta que renovar estas citas é un dos obxectivos principais cos que encarou o seu mandato a actual directiva, que asumiu os seus postos aÃnda o no pasado mes de xullo. “O panorama é preocupante, están a minguar ano a ano e queremos tentar darlles un ar totalmente novo”. As propostas van desde o redeseño das casetas de venda “buscando que sexan máis rechamantes para o público” ou a modificación do espazo da feira. “En Compostela a carpa”, que cobre a totalidade dos postos, “funcionou moi ben”, explica o vicepresidente dos libreiros. “Penso que conseguimos realmente transformar o espazo nun salón no que era moi cómodo estar, pero necesitamos aÃnda seguir incidindo niso”. Canda a iso, as mudanzas pasan por “implicar de novo os editores nas feiras”, recuperar citas desaparecidas como a de Pontevedra ou “tentar mellorar o funcionamento en localidades nas que non vai ben. Como as librarÃas, as feiras teñen que atopar o seu propio espazo nos diferentes lugares”.
Futuro e importancia
Malia ás nubes no horizonte, Pedreira é optimista. “Penso que se facemos as cousas, imos todos da man, tanto libreiros como editores e co apoio da Administración, que é un piar fundamental, penso que o libro e a librarÃa teñen futuro”, salienta. De xeito semellante, Bragado mantén a súa fe “no papel esencial da librarÃa, e isto é algo apoiado polos datos do mercado. O 60% dos libros adquÃrense nestes establecementos, e falamos dun sector en Galicia pode acumular 100 millóns de euros animais de vendas”. A maiores sinala a importancia que estes espazos teñen para a visibilidade das nosas letras. “As librarÃas especializadas en literatura galega, que hai un grupo delas son absolutamente esenciais para o futuro do libro. Supoñen auténticos baluartes onde toda a diversidade e o modelo de edición poida estar presente decote diante do lector. O libro galego non pode renunciar a ningún espazo de visibilidade, como poden ser as cadeas de librarÃas ou as grandes superficies, pero nese sentido as librarÃas especializadas resultan esenciais”.