Lugo presenta o seu XXII Festival de Jazz

Varios espazos da cidade acollerán a edición entre o 10 e o 17 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Círculo das Artes, o Club Clavicémbalo, o Pazo de Montenegro e o Auditorio Novacaixagalicia acollerán entre o 10 e o 17 de novembro as actuacións do XXII Festival de Jazz de Lugo. O evento, que se presentaba onte, acollerá un total de quince actuacións con músicos como Bill Evans, Wallace Roney, Kind of Cai, Alberto Vilas Quintet, Pilc-Moutin-Hoenig, Nani García ou Kike Mora entre outros. A asociación Escobijazz é a responsable da organización do evento.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Lugo, Nani García

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares