
Na presentación, os responsables do evento destacaron que esta edición conta con 250.000 euros de orzamento, o que supón un 15% menos do que na última edición. Sergio Lago, director da feira, destacou a continuidade das conversas de salón, na que diferntes xornalistas entrevistarán ao vivo a LuÃs Tosar, Ignacio Escolar, AgustÃn Fernández Paz, Manuel Lourenzo González, Teresa Moure, MarÃa Reimóndez e Rexina Vega.
A nivel de música, agárdase a presenza de UxÃa, Xacobe MartÃnez Antelo, Xurxo Souto, Xabier DÃaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero, Sés, O Leo, Bocixa, Emilio Rúa, Xoán Curiel, Silvia Penide, Linho do Cuco ou Os da RÃa.