Sinónimos de Lucro presenta o seu último número

A sexta entrega do fanzine achega 266 páxinas

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Sinónimos de Lucro 6

Capa de Sinónimos de Lucro 6

Está xa en distribución a sexta e última entre do fanzine Sinónimos de lucro. A publicación enfronta a súa despedida cun volume de nada menos que 266 páxinas de banda deseñada, entrevistas e outros contidos que sae á venda a un prezo de 5 euros. Autores habituais como David Braña ou David Buceta alternan con outros coma Triguero, Garrido Barroso, Corroto, Aurelio Moreno, Isaac Amboage, Jaime Collado e colaboracións como as de El Torres ou Manel Cráneo.

Segundo explica Braña, o feche débese fundamentalmente á falta de tempo dos promotores para continuar coa iniciativa e non a problemas económicos. No entanto, o guionista afincado en Vigo advirte que os promotores do fanzine preparan novos proxectos conxuntos.

Logo da primeira presentación, que se celebrou a pasada fin de semana no festival Komic KonDado, comeza unha xira que dará a coñecer a publicación en diferentes localidades do país.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Braña, Manel Cráneo, Banda deseñada, Vigo

Claves

Conceptos
Lugares