Sae á venda Sinónimos de lucro 1

A publicación incorpora novos autores ao seu cadro

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Sinónimos de lucro 1

Capa de Sinónimos de lucro 1

Xa se pode adquirir, en diferentes librarías especializadas en BD do noso país, o número 1 do fanzine Sinónimos de lucro. A publicación achega desta volta un especial sobre o Mundo de Beakman e outro sobre os Blues Brothers. Ademais, incrementa a sua nómina de autores con colaboracións de Mauro Entrialgo, Alberto Guitián. Canda a eles, pódense ler historias de David Braña con Jose Ángel Ares, Gabriel Iglesias, Ana Castiñeiras, Borja Gutiérrez, Sheyla Muíños e David Buceta. Un total de 42 páxinas que sae á venda por só dous euros.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Braña, Alberto Guitián, Blues, Muíños...

Claves

Conceptos
Lugares