O coelliño branco foi o primeiro libro deseñado por Óscar Villán co que gañou o Premio Nacional de Ilustración en 1999. Os seus protagonistas cambian agora de soporte deixando das páxinas de papel para converterse en camisetas e pixamas para nenos que teñen entre 2 e 6 anos. Os protagonistas deste conto, como de A cebra Camila centran esta colección que elaborará Casa K co selo portugués Oeko-Tex con tecidos de algodón 100%.
A colección téxtil garda coherencia do deseño editorial e respecta as súas liñas cromáticas . Ademais, poderá adquirirse o pack camiseta e libro en calquera das linguas nas que está publicados: A cebra Camila en galego, castelán, catalán, italiano e portugués; mentres que o O coelliño branco en galego, castelán, catalán, éuscaro, portugués, italiano e inglés, e adaptado á linguaxe de pictogramas para nenos e nenas con necesidades educativas especiais.