Chega aos quioscos a entrega 195 de Grial. A revista de Galaxia centra boa parte dos seus contidos en Diálogos O2, encontro no que antigos bolseiros da Fundación Barrié reflexionaron sobre a ordenación do territorio no noso paÃs e o proceso global de urbanización acelerada. Canda a isto, a publicación aborda temas como a relación de Celso Emilio Ferreiro coa censura, recuperando un conto inédito do autor, ou o Conto galego de RosalÃa de Castro, entre outras cuestións.