A celebración do DÃa Mundial da Biblioteca concita, como cada ano, un bo feixe de actividades nas diferentes bibliotecas galegas. As xornadas de portas abertas e visitas guiadas son algunhas propostas máis comúns, ás que se suman concertos, exposicións, proxeccións cinematográficas obradoiros ou agasallos para os lectores. Na presentación dos actos en Compostela, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou que "a aposta polo sistema bibliotecario galego é un compromiso ineludible" para a Administración.