No medio da crise económica, Ponteceso está a amosar unha inusitada iniciativa no campo da cultura. Se o pasado mes de febreiro abría as portas un Museo de Arte Contemporáneo, agora ponse en marcha un proxecto de turismo sustentable. Hai pouco comezaba un proxecto de recuperación de literatura oral está en marcha un museo dedicado ao xogo tradicional. Isto súmase a iniciativas xa consolidadas como o Outono Pondaliano ou o Festiletras que son referencias en todo o país.
O pasado venres presentábase en Ponteceso Camiños do mar un proxecto que pretende aproveitar as posibilidades turísticas do patrimonio cultural do Concello. Baixo a forma de dous roteiros, a iniciativa propón un auténtico museo ao aire libre, segundo explica Óscar Rey, concelleiro de cultura neste municipio. Un dos camiños vai desde a ponte de Ponteceso ata a vila de Corme e o cabo Roncudo pola ribeira, mentres a outra propón un percorrido Pondaliano que percorre unha serie de monolitos dedicados a este poeta e visita a aldea do Couto e o miradoiro do monte Branco. Mediante códigos QR, os visitantes poderán descargar nos seus teléfonos móbiles contidos multimedia e información ampliada sobre os lugares que visitan. Por exemplo, ao pasar pola aldea de Froxán, que é un lugar onde naceron moitos músicos, pódense escoitar pezas interpretadas pola banda. No roncudo, o vídeo dun percebeiro explica como se colle este marisco, sinala Rey. Canda a isto os roteiros abordan cuestións como a importancia da cabotaxe para a vila, o traballo no mar ou a paisaxe.
De Pondal á arte
A iniciativa, que contou co apoio de fondos europeos, non é máis do que unha mostra do esforzo que, nos últimos tempos se está a dar neste concello para pór en valor os seus recursos culturais. Ata o de agora o concello baseou a súa proposta cultural na promoción de Eduardo Pondal, nado aquí, explica Óscar Rey, hai catro anos promoveu o nacemento da fundación que leva o nome do poeta. Logo foron xurdindo outras propostas. Deste xeito pasado mes de abril abría as súas portas, logo dun demorado proceso de xestación o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte. Xestionado pola Fundación Torre Pujales, o proxecto aproveita os fondos do pintor Julio Pujales e mais aquelas obras xurdidas do programa de bolsas que leva a fundación e que achega cada anos múltiples creadores á vila.
Museo etnolúdico
De xeito semellante a este centro, o proxecto do Museo Etnolúdico de Galicia aproveita tamén a ampla colección de xoguetes que ten un veciño da vila, Ricardo Pérez, profesor de Historia do Deporte na Universidade da Coruña. Ten un fondo impresionante, e púxose en contacto co Concello disposto a ceder o material, sinala o Concelleiro de Cultura. Dúas salas no Centro Cultural de Ponteceso acollerán as preto de 3.500 pezas do proxecto. É un proxecto moi interesante que vai recoller toda a historia do xogo popular e o deporte. Hai tan só unha semana, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural resolvía as axudas a proxectos de dinamización nas que lle achega a este proxecto 111.197, o 91% do solicitado. O concello agora debe pór 10.000 euros, ao ter local só precisamos fondos para a musealización, sinala Rey. Sen dar datas para apertura, o concelleiro de Cultura asegura que será cedo, xa que AGADER marca uns prazos moi estritos para completar os proxectos que financia. A intención é que o local acolla algúns dos eventos do congreso europeo que xogos tradicionais que se celebrará para o vindeiro ano no noso país.
Tradición oral
Para alén disto, outra iniciativa municipal foi noticia moi recentemente. O pasado 11 de outubro presentábase Ponte na fala, un proxecto de recuperación de tradición oral que se está a desenvolver no concello e que colgou na rede unha boa mostra de historias, cantigas ou lendas que se poden atopar neste territorio. Hai unha grande cantidade de tradición que está por aí e se perde porque a xente maior non llela transmite aos seus descendentes. O proxecto desenvolveuse cunha recollida de datos que realizou a empresa Fabaloba polas parroquias do concello. Hai un almacén de contidos moi importante que supón só a primeira parte deste proxecto. A idea é continuar presentando este material como un recurso didáctico para escolas, e empregalo para buscar a transmisión tamén mediante asociacións, músicos ou xente que estea interesada na tradición, explica Rey. A iniciativa recuperou duns 30 informantes arredor de 400 pezas que están a se publicar no seu blog, e está aberta para que asociacións e particulares fagan as súas propias achegas.
A importancia das asociacións
Á hora de explicar o dinamismo cultural que está a amosar Ponteceso, o edil de cultura recoñece a importancia dun movemento asociativo con grande vigor e cun traballo de anos. O importante é ese movemento social. Hai moitas asociacións, tanto no campo cultural como en temas veciñais, e foron sustento durante moito tempo dunha cultura que emana do propio concello. Amosa esa vitalidade, por exemplo, a celebración do Outono Pondaliano, todo un mes de actividades que toma como eixe este autor que se está a celebrar este mesmo mes. No mesmo está incluído o XV Simposio Pondaliano, unha cita que resulta un referente a nivel galego sobre a figura do poeta. A cita xurdiu do traballo da Asociación Cultural Monte Branco, que leva tamén trinta anos a facer do Día das Letras unha celebración comunal na aldea do Couto, con orquestras e todos os elementos propios dunha romaría.
Modelo exportable
O recoñecemento dos valores propios do Concello son para Rey a base desde a que desenvolver a política cultural. Temos unha materia prima moi boa e non cómpre inventar nada. Hai un grande patrimonio histórico e oral, recollémolo e potenciámolo, asegura. Este xeito de traballar pódese adoptarse en calquera pobo ou aldea. Só cómpre recoller a historia e darlle sentido no presente. O que acontece é que non é froito dun día e esixe tempo de traballo. Para este edil, este tipo de iniciativas amosa que, mesmo nun momento de crise económica, no que se poden atopar outras prioridades, ás veces é mais necesaria a vontade do que os cartos. Precisamente a cultura preséntase, ao seu ver, como unha opción importante para dinamizar a zona. Temos claro a cultura pode ser economía e emprego e unha fonte de desenvolvemento para zonas deprimidas demograficamente como estas. Estamos neste camiño, queda moito por andar pero estamos convencidos de que o tempo nos dará a razón.
Propostas
Polo momento, promover os Camiños do Mar e mais fechar o proxecto do Museo Etnolúdico son os desafíos inmediatos. De cara ao futuro, o responsable de Cultura sinala que seguiremos traballando noutras cousas. Dalgún xeito temos que afondar no tema da navegación, que está pouco potenciado cando Ponteceso foi unha terra de grandes mariñeiros e navegantes, e cita como exemplo o Almirante Mourelle de la Rúa, que no século XVIII explorou o pacífico e descubriu o arquipélago de Tonga. Logo pola banda da arte queremos reivindicar a figura e Manuel Pailos, que é un dos principais pintores construtivistas de Sudamérica e naceu aquí. En habendo folgos, semella que Ponteceso seguirá a dar que falar a nivel cultural.
Mapa do proxecto Os camiños do mar.O pasado venres presentábase en Ponteceso Camiños do mar un proxecto que pretende aproveitar as posibilidades turísticas do patrimonio cultural do Concello. Baixo a forma de dous roteiros, a iniciativa propón un auténtico museo ao aire libre, segundo explica Óscar Rey, concelleiro de cultura neste municipio. Un dos camiños vai desde a ponte de Ponteceso ata a vila de Corme e o cabo Roncudo pola ribeira, mentres a outra propón un percorrido Pondaliano que percorre unha serie de monolitos dedicados a este poeta e visita a aldea do Couto e o miradoiro do monte Branco. Mediante códigos QR, os visitantes poderán descargar nos seus teléfonos móbiles contidos multimedia e información ampliada sobre os lugares que visitan. Por exemplo, ao pasar pola aldea de Froxán, que é un lugar onde naceron moitos músicos, pódense escoitar pezas interpretadas pola banda. No roncudo, o vídeo dun percebeiro explica como se colle este marisco, sinala Rey. Canda a isto os roteiros abordan cuestións como a importancia da cabotaxe para a vila, o traballo no mar ou a paisaxe.